8 de marzo de 2014

Fractais

Os alumnos de E.S.O. colaboraron na construción en cartón de esponxas de Menger de nivel 2, nun proxecto para a X edición de IMATXINA, no que se tentará elaborar  unha esponxa de nivel 4, un obxecto fractal,  coa aportación dos colexios de Vigo. O resultado poderá verse na Fundación Barrié.










Pero, que é un FRACTAL?

Os obxectos xeométricos simples teñen dimensións enteiras: así, un punto ten dimensión 0, unha recta dimensión 1, un plano dimensión 2 e un corpo con volume, dimensión 3. 
Sen embargo, hai obxectos cuxa dimensión é un número fraccionario: son os fractais. Un caso moi típico de fractal témolo aquí mesmo: as rías galegas. Se queremos medir a súa lonxitude, concepto moi relacionado co de dimensión, obteremos un número que non é enteiro. Outra característica dos fractais é a autosemellanza, o que quere dicir que son iguais a calquera escala. Se observades unha coliflor, por exemplo, veredes que cada parte é unha copia, a escala menor, do total.
Por tanto, un fractal é un obxecto de dimensión non enteira e autosemellante.

Hai moitos exemplos de construcción de fractais en matemáticas:
  • A curva de Koch baséase en tomar un segmento, quitar o terzo central e substituílo por dous segmentos cara arriba, cun áncgulo de 60º, de igual lonxitude que o que tiñamos. Se repetimos o proceso con cada terzo central infinidade de veces, chegamos a un obxecto fractal de dimensión 1,26 (é dicir, entre unha recta e un plano).

                                              

  • No triángulo de Sierpinski partimos dun triángulo equilátero do cal suprimimos o equilátero interno que toca na metade dos lados.Seguindo o proceso infinidade de veces, obtemos un obxecto fractal de dimensión 1,58.


  • Para facer a  esponxa de Menger collemos un cubo e dividímolo en 27 cubiños iguais, quitando o cubo central e os que están no centro de cada cara. Repetindo este proceso infinidade de veces obtemos a esponxa, de dimensión 2,73.

Exercicios para 3º e 4º:
  1. Tódolos obxectos teñen dimensión enteira?
  2. Que é un fractal?
  3. Que é a autosemellanza?
  4. Como se constrúe unha esponxa de Menger?


26 de xaneiro de 2014

Rosetta

O pasado día 20 de xaneiro foi activada a sonda Rosetta, despois de máis de dous anos en hibernación, coa fin de prepararse para a súa futura misión: achegarse  ó cometa  67P/Churyumov-Gerasimenko para  que o módulo de aterraxe, Philae, tome terra sobre este corpo en novembro deste ano. Esta nave foi lanzada ó espazo en 2004 pola Axencia Espacial Europea (E.S.A.) e entrou en hibernación en 2011 para reducir o seu consumo de enerxía.
O obxectivo da misión é estudar as características do cometa para saber máis sobre a formación do Sistema Solar.  Read more in english.
                               

1 de decembro de 2013

1 de decembro- Día mundial da SIDA

A SIDA é un síndrome causado polo virus VIH (virus de inmunodeficiencia humana). Este virus pode entrar no corpo a través do sangue ou dos fluídos xenitais (seme e fluídos vaxinais).Unha vez dentro pode pasar moito tempo ata que actúa, polo que unha persoa pode ser seropositiva (ten o virus) pero non ter a SIDA (que é cando se manifesta a enfermidade). A acción do virus consiste en atacar ós linfocitos CD4, que son unhas células do noso sistema defensivo, polo que quedamos inermes ante o ataque de calquera microbio. Os primeiros casos coñecidos de SIDA son de principios dos anos 80. Inicialmente era unha enfermidade mortal, pero na actualidade é crónica gracias ós fámacos que se usan desde mediados dos 90. Sen embargo, estes fármacos (patentados por  multinacionais farmacéuticas) son caros e non chegan á maioría dos infectados do terceiro mundo, que é onde a pandemia golpea con máis forza.

                                            VIRUS VIH

6 de outubro de 2013

Osmose (Bioloxía 3º E.S.O.)

Mira o experimento. Atréveste a facelo en clase e explicarllo a todos? (sobe nota)

2 de xuño de 2013

Día de portas abertas

O día de portas abertas (31/05/13) o departamento científico-tecnolóxico organizou un obradoiro de ciencias no que os rapaces de 4º, 5º e 6º de Primaria e os de 2º, 3º e 4º de E.S.O. realizaron sinxelas experiencias para todos aqueles que quixeron pasarse polo laboratorio. Así, ilustráronse o efecto invernadoiro, a análise da presenza de amidón en alimentos, o que lles pasa a líquidos inmiscibles de distinta densidade cando se xuntan, a detección de pegadas dactilares,  billetes que arden pero non se queiman ou palillos que se moven cando absorben auga, entre outros moitos experimentos.
Tamén se celebrou o concurso Pasapalabra Científico, no que os alumnos da E.S.O. deron conta dos seus coñecementos de bioloxía, física e química. E tiveron premio.
Moi ben por todos eles!




17 de marzo de 2013

Os alumnos de 1º e 2º E.S.O. participaron no obradoiro "EficienTIC 2013"

Os alumnos de 1º e 2 º E.S.O. participaron o día  7 de marzo no obradoiro de eficiencia enerxética "EficienTIC 2013", organizado pola Universidade de Vigo. 
Agora que hai tantos adictos á tecnoloxía, esperemos que as novas xeracións entendan mellor ca nós o prezo que hai que pagar polo uso excesivo dos recursos enerxéticos e poñan o seu gran de area en facer un mundo máis habitable. Polo ben de todos.

Candela Seoane, de 2º E.S.O., fai unha pequena crónica da saída:

El día 7 de marzo de 2013 fuimos 1º y 2º de E.S.O. a una excursión a la Universidad de Vigo. El tema de la excursión tenía relación con la asignatura de ciencias de la naturaleza, ya que nos hablaron sobre la energía. Cuando llegamos fuimos a una sala donde un chico y una chica (que dijo que había estudiado en el Quiñones de León) nos explicaron lo que íbamos a ver. La charla duró más o menos media hora. Al acabar nos dijeron que teníamos que separarnos por grupos. Había organizadas ocho actividades, que iríamos haciendo en grupos a lo largo de la mañana.
- La primera actividad nos hablaba de las instalaciones del centro.
- En la segunda actividad había dos bicicletas y al pedalear cargabas un móvil, encendías una lámpara o movías unos cochecitos sobre una pista.
- En la tercera ponías tu cara enfrente de una cámara y te comparaban con presos de Estados Unidos.
- En la cuarta te enseñaban algunos usos del agua.
- En la quinta te explicaban cómo era el interior de las paredes y los aislantes térmicos.
- En la sexta y séptima te explicaban cómo con el calor se pueden encender objetos.
- En la octava te enseñaban los primeros móviles que hubo (móviles "patata"), por qué no se siguen usando y cómo ahorrar batería en el móvil.
 La excursión estuvo interesante y a todos nos gustó porque aprendías a la vez que te divertías.










13 de febreiro de 2013

Billar cósmico

O asteroide 2012 DA14 pasará o venres 15 de febreiro a só 27700 km da  superficie da Terra, unha órbita máis próxima que a dos satélites xeoestacionarios (os Meteosat, por exemplo, están a uns 36000 km). Poderá verse no ceo cuns prismáticos potentes.

O asteroide ten uns 45 m de diámetro e o momento de máximo achegamennto á Terra será ás 20:24 h (hora da península), momento no que pasará sobre o océano Índico. O asteroide, cuxa órbita coñécese con bastante precisión, non impactará co planeta. Se o fixese, habería que ter en conta que a súa enerxía cinética é moi alta, xa que se move a unha velocidade duns 28000 km/h, polo que no choque se liberarían uns 2,5 megatóns de enerxía na atmosfera (para facerse unha idea, unhas 200 veces a enerxía que se liberou  coas bombas atómicas de Hiroshima e Nagasaki) e produciría unha devastación rexional.

Pero 2012 DA14 non é o único asteroide que vaga próximo a Terra, hai  moitos miles e a probabilidade de que choquen co planeta é baixa pero non nula, sobre todo se temos en conta toda a historia da Terra, na que xa se produciron este tipo de colisións.

          Órbitas da Terra (azul)  e do asteroide 2012 DA14 (amarela)
         Captura da imaxe desde: http://www.virtualtelescope.eu/webtv/