Científicos do Instituto de Investigación del SIDA IrsiCaixa coa participación do Consejo Superior de Investigaciones Científicas descubriron un composto que permite ó virus entrar nas células dendríticas do sistema inmunitario, encargadas de defendernos das infeccións. Este virus entra, logo, noutras células do sistema defensivo humano, os linfocitos T CD4, e destrúeos. O descubrimento podería permitir desenvolver medicamentos baseados en bloquear esta chave de entrada para que o virus non puidese penetrar na célula hóspede, aínda que o proceso levará décadas.
25 de abril de 2012
Novas claves da SIDA
22 de abril de 2012
Esta presión vai acabar comigo !
O ser humano está
deseñado para vivir en condicións óptimas cando a presión e a temperatura son
axeitadas. Se non é así, o noso corpo reséntese ou ten que adaptarse, ás veces
coa axuda da tecnoloxía. A presión
atmosférica é o peso de todo o aire que temos enriba de nós por unidade de
superficie. A nivel do mar, esta é de aproximadamente 1 atm.,
pero se subimos unha montaña vai descendendo. Así mesmo, se nos mergullamos no
mar aumenta moito. As cousas cotiás, como respirar, poden resultar moi
difíciles se a presión non é a habitual.
Cando nos
mergullamos na auga, por cada 10 metros de profundidade a presión aumenta en 1
atm. Iso supón non só que os pulmóns, a certa profundidade, non poidan expandirse
senón que, incluso cun equipo de submarinismo, hai que tomar moitas
precaucións. Se queremos subir de golpe, sen facer as paradas obrigatorias para
a descompresión, prodúcese unha repentina expansión dos pulmóns, que pode
romper as súas membranas. Ademais, fórmanse burbullas de gas no interior dos
nosos vasos sanguíneos que poden matarnos ó non deixar chegar o sangue ós
órganos (embolia por aire).
Outras cousas máis
triviais tamén cambian coa presión. Se queremos cocer un ovo nunha montaña alta
necesitaremos moito máis tempo do normal. A auga ferve a 100ºC a nivel do mar,
pero a moita menos temperatura nun pico alto. Como o que coce o ovo é a calor e
esta depende da temperatura, o ovo tarda moito máis tempo en cocer. Xusto o
contrario do que sucede nunha pota a presión. Nela, a auga está a presión maior
que a atmosférica polo que os alimentos reciben máis calor e cocíñanse antes.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)