27 de decembro de 2021

O telescopio espacial James Webb

  • Que é? Un telescopio fabricado pola NASA, ESA e CSA, que foi lanzado o día de Nadal de 2021 desde La Guyane française (unha zona costeira preto do Ecuador. A razón de que se lance desde aquí é que o foguete recibe un pulo adicional polo movemento de rotación terrestre e, ao despegar cara ao leste, redúcense os riscos en caso de caída, xa que o faría sobre o océano Atlántico) e que se situará a uns 1,5 millóns de km da Terra, no punto 2 de Lagrange, oposto ao Sol.
  • Por que é importante? Porque vai observar o Universo no rango do infravermello (mira a imaxe 1), o que lle permitirá ver as primeiras estrelas e galaxias que se formaron hai máis de    13 000 millóns de anos. Tamén estudará exoplanetas (planetas de fóra do noso Sistema Solar) e os planetas do noso propio sistema.
  • Como é? O telescopio está formado por un espello primario de 18 paneis hexagonais (que vai pregado) e que se abrirá uns 13 días despois do lanzamento, cando o escudo protector estea operativo. Os espellos deben protexerse da calor do Sol para poder detectar a luz infravermella e, para elo, o telescopio conta cun escudo térmico de cinco capas que mantén a súa temperatura a uns -233 ºC. Deste xeito, poderá estudar obxectos que non podía observar o telescopio espacial Hubble. (O seu antecesor, lanzado en 1990.)



16 de decembro de 2021

Recuperacións 1ª avaliación

Datas recuperacións 1ª avaliación:

  • Matemáticas 3º/4º: 10 de xaneiro
  • Bioloxía e Xeoloxía 4º: 13 de xaneiro
  • Bioloxía e Xeoloxía 3º: 14 de xaneiro
  • Física e Química 3º/4º: 17de xaneiro