7 de maio de 2024

ADN de amorodos

A linguaxe da vida é universal e os constituíntes básicos son os mesmos nun amorodo e en nós mesmos. Así que en 4º de ESO extraemos o ADN duns amorodos, un longo fío enroscado formado por moléculas (bases) unidas en parellas: timina-adenina, citosina-guanina; e así todo, repetíndose millóns de veces. Como teñen moito ADN similar sóense usar para estas cousas.

O primeiro é ter amorodos, desengraxante, alcol e sal. Botamos un pouco de desengraxante en auga e engadimos sal. O desengraxante disolve as membranas da célula e do núcleo e libera o o ADN. O sal sepárao das proteínas ao redor das que vai enrolado.  Engadimos a mestura ao puré de amorodos que fixemos antes e coámolo. A esta mestura resultante botámoslle un pouco de alcol frío para reter o ADN sen que se disolva. E o que sae de aí son uns fíos pequenos e brancos de ácido desoxirribonucleico, o xerme da vida. 

Aí tedes ás nosas orgullosas axudantes.



4 de maio de 2024

Concurso Arquimedianos21

 Xa temos gañadoras do concurso de Matemáticas Arquimedianos21: 

  • 3º ESO: A. M. M. V.
  • 4º ESO: X. G. M.

Parabéns ás dúas e que gocen do libro que merquen.