8 de decembro de 2019
BX4-Grupos sanguíneos
Etiquetas:
Actividades,
Bioloxía
FQ3-Modelos atómicos
- ¿Quién fue el primero que retomó la idea de átomo a principios del siglo XIX?
- ¿Quién descubrió el electrón? ¿Cómo se llaman los rayos que, después, se supo que eran electrones?
- ¿Quién descubrió la existencia del núcleo atómico?
- ¿Qué modelo describe el átomo como un núcleo positivo y electrones girando en ciertas órbitas de determinada energía?
- ¿Cómo sube un electrón de una órbita a otra de más energía?
Etiquetas:
Actividades,
Física,
Química
7 de novembro de 2019
Morre Margarita Salas
A científica española Margarita Salas faleceu aos 80 anos, tras unha longa vida dedicada á bioloxía molecular, da que foi unha das iniciadoras no noso país. Emigrada a Estados Unidos nos anos 60, traballou co Nobel Severo Ochoa no esclarecemento dos procesos de tradución na síntese de proteínas. Posteriormente volveu a España, onde realizou importantes estudos sobre a replicación do material xenético dos virus.
Recibiu numerosos premios, como o Nacional de Investigación Ramón y Cajal ou o Rey Jaime I.
Foi directora do Centro de Biología Molecular Severo Ochoa e formou a moitos novos investigadores.
Que a terra lle sexa leve.
Etiquetas:
Bioloxía,
Conmemoración,
Varios
17 de outubro de 2019
FQ4- Caída libre e Exercicio
A) Galileo Galilei
(1564-1642), considerado o pai da física experimental, foi o primeiro
en decatarse de que tódolos corpos caen igual no baleiro, en contra do
que pensara Aristóteles. Como na súa época non había forma de facer
medidas precisas, experimentou con planos inclinados, de xeito que
chegou a comprobar que distintas bólas baixaban coa mesma aceleración.
Galileo
defendeu a teoría heliocéntrica de Copérnico e construíu un dos
primeiros telescopios, co que observou as montañas da Lúa, os catro
satélites maiores de Xúpiter, os aneis de Saturno e as manchas solares.
Esta defensa das ideas de Copérnico levaríao á enfrontarse coa
Inquisición. Como se retractou publicamente, só foi castigado con
arresto domiciliario.
As
súas aportacións á física foron determinantes, ata o punto de que xunto coas
leis de Kepler e as de Newton sentaron as bases de toda a Mecánica
Clásica, que estuda os movementos dos corpos e as forzas que os causan e
permite explicar o xiro dos planetas ó redor do Sol.
A esfera e a pluma caen á mesma velocidade no baleiro
B) Mira o vídeo do coche eléctrico máis rápido do mundo (en 2016) e, cos datos que dá, calcula:
1-
Aceleración 2- Ecuación do movemento e espazo percorrido aos 0,5 s 3-
Espazo total percorrido (supoñemos aceleración constante)
Etiquetas:
Actividades,
Física
5 de outubro de 2019
Mentiras arriscadas
É
bastante habitual que persoas con poucos escrúpulos ou moita ignorancia
se enriquezan vendendo tratamentos que no mellor dos casos non curan
nada.
Hai
mentiras moi estendidas e xente dabondo, incluso culta, que as cre,
porque cando se ten unha doenza importante, como un cancro, pérdese ás
veces o pensamento crítico e é nese momento de debilidade cando os
charlatáns están axexando para ofrecernos as súas curas milagreiras. A
ciencia traballa despacio, pero é a única que garantiza que os
tratamentos están probados e funcionan porque pasan por moitas fases de
ensaios ata que se utilizan en pacientes. Desgraciadamente, non todas as
enfermidades se poden curar.
As
persoas que se someten a terapias alternativas por doenzas leves e
curan, curarían igual sen ese tratamento. En moitos casos a mellora é
simplemente un efecto placebo. (Se me doe a cabeza e me din que unha
pastilla de azucre é paracetamol, é probable que ao tomala me atope
mellor.)
Algunhas mentiras comúns que se teñen dito e que demasiada xente cre son:
- O cancro no necesita quimioterapia ou radioterapia porque é a consecuencia dun conflito interno que hai que resolver.
- A SIDA non está causada polo virus VIH.
- A homeopatía cura. (NON, aínda que se venda en farmacias.)
- As vacinas son moi perigosas. (Grazas a elas erradicáronse enfermidades terribles como a variola. Hai un pequeno risco, como con calquera medicamento, pero os beneficios son moito maiores.)
- Os remedios naturais son bos. (Hai herbas que matan e outras que poden curar e xa se utilizan en farmacia.)
- A Acupuntura, o Reiki, a Quiropráctica,... funcionan.
Se
estás enfermo vai o médico, que é o que sabe, e non te fíes de
charlatáns que o curan todo.Vas perder o tempo, os cartos e a saúde.
Practica o PENSAMENTO CRÍTICO e o ESCEPTICISMO.
15 de setembro de 2019
Benvidos ao curso 2019-20
18 de maio de 2019
17 de maio
Estrelas invitadas:
- Carbono, como non metal de Z=6
- Iodo, como non metal de Z=53
- Nitróxeno, como non metal de Z=7
- Arsénico, como non metal de Z=33
- Galio, como metal de Z=31
- Xofre, como non metal de Z=16
Etiquetas:
Celebracións,
Química
15 de maio de 2019
Gañadoras Concurso Arquimedianos
Xa temos gañadoras do concurso Arquimedianos:
- 3º ESO: Delia
- 4º ESO: Uxía
Etiquetas:
Actividades,
Matemáticas
4 de maio de 2019
Concurso Arquimedianos - Problema 4
3º e 4º ESO
Unha cabra como a da figura está atada cunha corda de 2 m a unha leira, de xeito que a corda pode deslizarse polo arame que a limita (tamén pode moverse polo interior desta leira). Cal é a área da zona na que pode pastar a cabra?
Etiquetas:
Actividades,
Matemáticas
27 de abril de 2019
Concurso Arquimedianos - Problema 3
3º e 4º ESO
O cadrado ABCD ten de área 144 centímetros cadrados. Está dividido en cinco partes de igual área (os catro cadrados e a figura en forma de L, en verde). Calcular a medida do ancho deste L, x.
O cadrado ABCD ten de área 144 centímetros cadrados. Está dividido en cinco partes de igual área (os catro cadrados e a figura en forma de L, en verde). Calcular a medida do ancho deste L, x.
Etiquetas:
Actividades,
Matemáticas
13 de abril de 2019
Concurso Arquimedianos - Problema 2
3º e 4º ESO
Tiña escrito un número de 5 cifras pero, desgraciadamente, caeume un borrancho de tinta sobre as tres últimas. O número comezaba por 86 e lembro que:
Tiña escrito un número de 5 cifras pero, desgraciadamente, caeume un borrancho de tinta sobre as tres últimas. O número comezaba por 86 e lembro que:
- Era divisible entre 3, 4 e 5.
- Todas as cifras eran diferentes.
- Empezando pola esquerda, as cifras ían sempre decrecendo.
- Non era divisible entre 9.
Etiquetas:
Actividades,
Matemáticas
6 de abril de 2019
Concurso Arquimedianos - Problema 1
3º ESO
Calcular o radio do semicírculo laranxa inscrito no triángulo isóscele.
4º ESO
Calcular o radio do semicírculo laranxa inscrito no triángulo isóscele.
4º ESO
A área da parte laranxa do cadrado ABCD é a metade da do rectángulo. Calcular a lonxitude do segmento x marcado.
Etiquetas:
Actividades,
Matemáticas
28 de marzo de 2019
Concurso Arquimedianos (4ª edición)
Gústanche as matemáticas? Serás algún día como Newton, Gauss, Arquímedes, Euler ou Hilbert?
CONCURSO ARQUIMEDIANOS (4ª edición)
Normas:- Poderá participar calquera alumno/a de 3º ou 4º ESO.
- Os alumnos/as que queiran participar deberán resolver 4 retos matemáticos.
- Os retos aparecerán publicados no blog cada fin de semana entre os días 7 de abril e 5 de maio colgaranse os luns correspondentes nos taboleiros das aulas.
- A solución de cada reto, razoada e calculada, deberá entregarse por escrito ao profesor o venres desa semana. O profesor resolverao na semana seguinte á súa proposta.
- O gañador/a será o que resolva correctamente máis retos. En caso de empate, repartirase o premio.
Etiquetas:
Actividades,
Matemáticas
24 de marzo de 2019
2019: Ano Internacional da Táboa Periódica
Hai 150 anos, por estas datas, Mendeléiev presentaba a súa táboa periódica:
- Nela ordenábanse os elementos coñecidos na época (63) segundo o seu peso atómico.
- Un elemento é unha substancia formada por átomos e que non se pode descompoñer noutra máis simple por medios químicos.
- Mendeléiev conseguiu predicir as propiedades de elementos aínda non descubertos cando presentou a súa primeira táboa, en 1869, coma o Galio ou o Xermanio.
- Actualmente, o sistema periódico consta de 118 elementos ordenados segundo o seu número atómico (número de protóns).
- Os elementos de cada grupo (vertical) teñen a mesma configuración electrónica na última capa e, polo tanto, propiedades químicas similares.
4 de febreiro de 2019
Planeta Cíes en 3º ESO
Os alumnos de 3º de ESO acudiron o día 31 de xaneiro, xunto
con outros centros da cidade, á presentación, no auditorio Mar de Vigo, do
proxecto “Planeta Cíes”, que tenta promover a candidatura das illas como
Patrimonio da Humanidade.
O proxecto trata de que os rapaces aprendan o valor natural e
cultural das illas, para o cal terán que traballar varias unidades didácticas,
participar nun concurso en liña e facer unha pequena peza audiovisual na que se
defenda a candidatura.
E xa gañaron unha visita ás illas só por participar.
Etiquetas:
Actividades,
Bioloxía,
Varios,
Xeoloxía
2 de xaneiro de 2019
A sonda New Horizons chega a Ultima Thule
- Lanzamento da sonda: 19 de xaneiro de 2006
- Chegada a Plutón: xullo de 2015
- Chegada a Ultima Thule: xaneiro de 2019
- A que distancia de Ultima Thule pasa a sonda ?: a uns 3500 km
- Que é Ultima Thule?: Un corpo xeado do Cinto de Kuiper a uns 6400 millóns de quilómetros da Terra.
- Canto tardan as imaxes da sonda en chegar a nós?: Posto que son ondas de radio que van á velocidade da luz (300000 km/s), unhas 6 horas.
Etiquetas:
Astronomía,
Física,
Química,
Tecnoloxía,
Varios
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)