27 de abril de 2024

Descarga 4º

 Física e Química: Presión en fluídos

Problema 4 - Concurso Arquimedianos21

 Problema 4 - 3º e 4º ESO

Cal é a última cifra do número 2997  ?

(A calculadora non che vai valer neste caso)

20 de abril de 2024

Problema 3- Concurso Arquimedianos21

 Problema 3 - 3º e 4º ESO

María vai andando pegada á parte exterior dun edificio, como o da figura, un día de moita néboa, de tal xeito que só pode ver ata 8 metros de distancia. Cal é a área total da zona que pode ver ao rodear o edificio?

13 de abril de 2024

Problema 2- Concurso Arquimedianos21

 Problema 2 - 3º e 4º ESO

x e y son dous números naturais tales que x<y. Sabemos que x+xy=294. Cal é o valor ou valores de x-y?


6 de abril de 2024

Problema 1- Concurso Arquimedianos21

 Problema 1- 3º e 4º ESO

Calcular a área da parte común dos dous círculos iguais que intersecan, marcada en verde. O radio dos círculos é  10 cm e a corda común  mide o mesmo.