24 de abril de 2021

Concurso Arquimedianos21 - Problema 1

3º ESO

Temos 5 caixas que pesamos dúas a dúas, obtendo os seguintes resultados (en kg): 18, 22, 24, 16, 20, 22, 14, 26, 18, 20. Cal é o peso de todas as caixas xuntas?

 4º ESO

Temos a seguinte expresión: 144· (3/2)   

onde n é un número enteiro. Para que valores de n a expresión ten un valor enteiro?

Concurso Arquimedianos21 (5ª edición)

Gústanche as matemáticas? Serás algún día como Newton, Gauss, Arquímedes, Euler ou Hilbert? 
                                                                                                        
         CONCURSO ARQUIMEDIANOS (5ª edición)                  
Normas:
  •  Poderá participar calquera alumno/a de 3º ou 4º ESO.
  • Os alumnos/as que queiran participar deberán resolver 4 retos matemáticos.
  • Os retos aparecerán publicados no blog cada fin de semana entre os días 24-25 de abril e 15-16 de maio.
  • A solución de cada reto, razoada e calculada, deberá entregarse por escrito ao profesor o venres da correspondente semana. A puntuación de cada reto será de 0 a 100 puntos.
  •  O profesor resolverá o problema na semana seguinte á súa proposta.
  • O gañador/a será o que teña maior puntuación. En caso de empate, repartirase o premio.
                              PREMIO PARA O GAÑADOR/A!!

 

22 de abril de 2021

Día do Libro

 Se non queres ser coma eles, le. 

23 de abril - Día do Libro

        Aviso: o vídeo é unha mofa das ideas dos negacionistas.

   Ningún negacionista foi maltratado na rodaxe deste vídeo.

 

7 de abril de 2021