28 de abril de 2018

Concurso Arquimedianos - Problema 4

3º E.S.O.
Que valor de k fai que a ecuación seguinte non teña solución?

4º E.S.O.
Calcular que pares de números enteiros positivos, a e b, tales que 


cumpren a ecuación:

22 de abril de 2018

Concurso Arquimedianos - Problema 3

3º E.S.O.
Os lados dos cadrados da figura miden 1 cm. Cal é a área da parte sombreada?

 

4º E.S.O.
Sobre o hexágono regular da figura, de lado 1 cm, roda un círculo de diámetro 1 cm. Que lonxitude ten a traxectoria descrita polo centro do círculo ao facer un xiro completo ao redor do hexágono?
           
 AXUDA: facer un modelo en cartón do hexágono e do círculo e estudar a figura que describe o centro do círculo ao xirar.


15 de abril de 2018

Concurso Arquimedianos - Problema 2

3º E.S.O.
Que ángulo exacto (en º) formarán as dúas agullas dun reloxo ás 14:18 h?

4º E.S.O.
Calcular as solucións enteiras da ecuación:

xy-4x-5y=27

7 de abril de 2018

Concurso Arquimedianos - Problema 1

3º E.S.O.
Cal é a área da parte sombreada da figura, na que as curvas son semicircunferencias con centro no medio de cada un dos lados do triángulo?

 
4º E.S.O.
 No triángulo equilátero da figura, as franxas son paralelas á base e todas de igual ancho. Cal é a porcentaxe do triángulo que está sombreada?

6 de abril de 2018

Concurso Arquimedianos (3ª edición)

Non che dan medo as matemáticas? Gozas con elas? Gustaríache un GHVIP con Newton, Gauss, Arquímedes, Euler e Hilbert? 
                                                                                                        
         CONCURSO ARQUIMEDIANOS (3ª edición)                  
Normas:
  •  Poderá participar calquera alumno de 3º ou 4º E.S.O.
  • Os alumnos que queiran participar deberán resolver 4 retos matemáticos.
  • Os retos aparecerán publicados no blog cada fin de semana entre os días 8 e 29 de abril e colgaranse nas aulas.
  • A solución de cada reto, razoada e calculada, deberá entregarse por escrito ó profesor o venres desa semana.
  • O profesor poderá preguntar ó alumno como resolveu o problema.
  • O  gañador será o que resolva correctamente máis retos. En caso de empate, repartirase o premio.
                              PREMIO PARA O GAÑADOR !!