8 de decembro de 2020

Táboa Periódica en 3D

Gústache a Química, digo a Chemistry? Podes ver a Táboa Periódica en 3D neste enlace, coas propiedades de cada elemento (in english, of course).

16 de novembro de 2020

FQ4- Que factores aceleran unha reacción química?

 

Combustión de fariña a cámara lenta (imaxe de Ana C.).  A pulverización do reactivo favorece a reacción.

(Non se debe facer sen a supervisión dun adulto)

14 de novembro de 2020

BX3º-Esencia de amorodo

A linguaxe da vida é universal e os constituíntes básicos son os mesmos nun amorodo e en nós mesmos. Así que en 3º de ESO extraemos o ADN duns amorodos, un longo fío enroscado formado por moléculas (bases) unidas en parellas: timina-adenina, citosina-guanina; e así todo, repetíndose millóns de veces. Como teñen moito ADN similar (xa que levan oito copias en lugar das dúas dos humanos), sóense usar para estas cousas.

O primeiro é ter amorodos (quen preguntaba de que valía o que estudiabamos para ir, por exemplo, á froitaría?), desengraxante, alcol e sal.Botamos un pouco de desengraxante en auga e engadimos sal. 

O desengraxante disolve as membranas da célula e do núcleo, que son de lípidos (de graxa, para entendernos), e libera o ADN. O sal sepárao das proteínas ao redor das que vai enrolado.  Engadimos a mestura ao puré de amorodos que fixemos antes con forza bruta e coámolo con papel de filtro. A esta mestura resultante botámoslle un pouco de alcol frío, para reter o ADN sen que se disolva. E o que sae de aí son uns fíos pequenos e brancos de ácido desoxirribonucleico, o xerme da vida. 







25 de outubro de 2020

4º ESO - Lecturas para rumiar

El dragón en el garaje

"En mi garaje vive un dragón que escupe fuego por la boca."
Supongamos (sigo el método de terapia de grupo del psicólogo Richard Franklin) que yo le hago a usted una aseveración como ésa. A lo mejor le gustaría comprobarlo, verlo usted mismo. A lo largo de los siglos ha habido innumerables historias de dragones, pero ninguna prueba real. ¡Qué oportunidad!
- Enséñemelo - me dice usted.
Yo le llevo a mi garaje. Usted mira y ve una escalera, latas de pintura vacías y un triciclo viejo, pero el dragón no está.
- ¿Dónde está el dragón? - me pregunta.
- Oh, está aquí - contesto yo moviendo la mano vagamente -. Me olvidé de decir que es un dragón invisible.
Me propone que cubra de harina el suelo del garaje para que queden marcadas las huellas del dragón.
- Buena idea - replico -, pero este dragón flota en el aire.
Entonces propone usar un sensor infrarrojo para detectar el fuego invisible.
- Buena idea, pero el fuego invisible tampoco da calor.
Se puede pintar con spray el dragón para hacerlo visible.
- Buena idea, sólo que es un dragón incorpóreo y la pintura no se le pegaría.
Y así sucesivamente. Yo contrarresto cualquier prueba física que usted me propone con una explicación especial de por qué no funcionará.
Ahora bien, ¿cuál es la diferencia entre un dragón invisible, incorpóreo y flotante que escupe un fuego que no quema y un dragón inexistente? Si no hay manera de refutar mi opinión, si no hay ningún experimento válido contra ella, ¿qué significa decir que mi dragón existe? Su incapacidad de invalidar mi hipótesis no equivale en absoluta a demostrar que es cierta.
Las afirmaciones que no pueden probarse, las aseveraciones inmunes a la refutación son verdaderamente inútiles, por mucho valor que puedan tener para inspirarnos o excitar nuestro sentido de maravilla. Lo que yo he pedido que haga es acabar aceptando, en ausencia de pruebas, lo que yo digo.
Lo único que ha aprendido usted de mi insistencia en que hay un dragón en mi garaje es que estoy mal de la cabeza. Se preguntará, si no se puede aplicar ninguna prueba física, qué fue lo que me convenció. La posibilidad de que fuera un sueño o alucinación entraría ciertamente en su pensamiento. Pero entonces ¿por qué hablo tan en serio? A lo mejor necesito ayuda. Como mínimo, puede ser que haya infravalorado la falibilidad humana.
Imaginemos que, a pesar de que ninguna de las pruebas ha tenido éxito, usted desea mostrarse escrupulosamente abierto. En consecuencia, no rechaza de inmediato la idea de que haya un dragón que escupe fuego por la boca en mi garaje. Simplemente, la deja en suspenso. La prueba actual está francamente en contra pero, si surge algún nuevo dato, está dispuesto a examinarlo a ver si le convence. Seguramente es poco razonable por mi parte ofenderme porque no me cree; o criticarle por ser un pesado poco imaginativo… simplemente porque usted pronunció el veredicto escocés de “no demostrado”.
Imaginemos que las cosas hubiesen sido de otro modo. El dragón es invisible, de acuerdo, pero aparecen huellas en la harina cuando usted mira. Su detector de infrarrojos registra algo. La pintura de spray revela una cresta dentada en el aire delante de usted. Por muy escéptico que se pueda ser en cuanto a la existencia de dragones - por no hablar de seres invisibles - ahora debe reconocer que aquí hay algo y que, en principio, es coherente con la idea de un dragón invisible que escupe fuego por la boca.

                                           Carl Sagan - "El mundo y sus demonios" (1995)

 

BX3-Como se descubriu a estrutura do ADN?

A imaxe por difracción de raios X da molécula de ADN, obtida por Rosalind Franklin, permitiu a Watson e Crick deducir a súa estrutura de dobre hélice en 1953. Porén, a contribución de Rosalind pasou case desapercibida, xa que Wilkins, colega seu, enviou a imaxe a Watson e Crick sen o permiso da investigadora, e só en 1962, cando o tres científicos recibiron o Premio Nobel, Wilkins fixo referencia ao traballo de Rosalind. Por certo, esta xa morrera en 1958 dun cancro de ovarios, debido, quizais, á radiación á que estivera sometida durante os seus estudos.


Fotografía 51 de Rosalind Franklin
 
Le e responde:
- Que parte do ADN está no interior da dobre hélice?
- Que nomes teñen as bases e cal se une con cal?
-Cantos pares de bases ten un ser humano en cada célula?
- Canto mediría a molécula de ADN se non estivera pregada na célula?
 
 

19 de setembro de 2020

Ciencia e o que non o é

A ciencia leva moitos anos tratando de pescudar a Natureza. Non é fácil e aínda queda moito por saber.

Os científicos/as traballan arreo para descubrir novos medicamentos que curen, novos produtos químicos ou novas leis que expliquen o universo. Pero o que descubren debe pasar un filtro moi esixente: as probas ou os experimentos que determinan se funciona ou non. Así que non se trata de crer ou non crer, senón de comprobar.

Súmate ao pensamento crítico e non sexas magufo/a.

 Infórmate máis

13 de setembro de 2020

                   SAPERE AUDE

            Benvido/a ao curso 2020-21

27 de xuño de 2020

            Se queres descargar a Táboa Periódica en galego, clica aquí.

16 de maio de 2020

17 de maio - Ciencias Galegas

Estrela Rosalía de Castro, co nome máis prosaico de HD149143, na constelación de Ofiuco, a 240 anos-luz da Terra. O exoplaneta que a acompaña leva o nome de Río Sar, o río ao que cantou a poeta. Rosalía de Castro é unha estrela anana amarela, algo máis masiva có Sol. Ciencia e poesía, como tantas veces, van da man.

29 de febreiro de 2020

13 de febreiro de 2020

11 de febreiro - Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

A imaxe por difracción de raios X da molécula de ADN, obtida por Rosalind Franklin, permitiu a Watson e Crick deducir a súa estrutura de dobre hélice en 1953. Porén, a contribución de Rosalind pasou case desapercibida, xa que Wilkins, colega seu, enviou a imaxe a Watson e Crick sen o permiso da investigadora, e só en 1962, cando o tres científicos recibiron o Premio Nobel, Wilkins fixo referencia ao traballo de Rosalind. Por certo, esta xa morrera en 1958 dun cancro de ovarios, debido, quizais, á radiación á que estivera sometida durante os seus estudos.


Fotografía 51 de Rosalind Franklin

30 de xaneiro de 2020

FQ4-O salto de Felix Baumgartner

En 2012, o austríaco Felix Baumgartner saltou ao baleiro desde unha cápsula enviada á estratosfera a unha altura de 39 km e foi o primeiro home que superou a barreira do son en caída libre, acadando nalgún intre máis de 1300 km/h.


15 de xaneiro de 2020