25 de outubro de 2020

BX3-Como se descubriu a estrutura do ADN?

A imaxe por difracción de raios X da molécula de ADN, obtida por Rosalind Franklin, permitiu a Watson e Crick deducir a súa estrutura de dobre hélice en 1953. Porén, a contribución de Rosalind pasou case desapercibida, xa que Wilkins, colega seu, enviou a imaxe a Watson e Crick sen o permiso da investigadora, e só en 1962, cando o tres científicos recibiron o Premio Nobel, Wilkins fixo referencia ao traballo de Rosalind. Por certo, esta xa morrera en 1958 dun cancro de ovarios, debido, quizais, á radiación á que estivera sometida durante os seus estudos.


Fotografía 51 de Rosalind Franklin
 
Le e responde:
- Que parte do ADN está no interior da dobre hélice?
- Que nomes teñen as bases e cal se une con cal?
-Cantos pares de bases ten un ser humano en cada célula?
- Canto mediría a molécula de ADN se non estivera pregada na célula?
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario