28 de marzo de 2019

Concurso Arquimedianos (4ª edición)

Gústanche as matemáticas? Serás algún día como Newton, Gauss, Arquímedes, Euler ou Hilbert? 
                                                                                                        
         CONCURSO ARQUIMEDIANOS (4ª edición)                  
Normas:
  •  Poderá participar calquera alumno/a de 3º ou 4º ESO.
  • Os alumnos/as que queiran participar deberán resolver 4 retos matemáticos.
  • Os retos aparecerán publicados no blog cada fin de semana entre os días 7 de abril e 5 de maio colgaranse os luns correspondentes nos taboleiros das aulas.
  • A solución de cada reto, razoada e calculada, deberá entregarse por escrito ao profesor o venres desa semana. O profesor resolverao na semana seguinte á súa proposta.
  • O  gañador/a será o que resolva correctamente máis retos. En caso de empate, repartirase o premio.
                              PREMIO PARA O GAÑADOR/A!!

24 de marzo de 2019

2019: Ano Internacional da Táboa Periódica

Hai 150 anos, por estas datas, Mendeléiev presentaba a súa táboa periódica:
  • Nela ordenábanse os elementos coñecidos na época (63) segundo o seu peso atómico. 
  • Un elemento é unha substancia formada por átomos e que non se pode descompoñer noutra máis simple por medios químicos.
  • Mendeléiev conseguiu predicir as propiedades de elementos aínda non descubertos cando presentou a súa primeira táboa, en 1869, coma o Galio ou o Xermanio.
  • Actualmente, o sistema periódico consta de 118 elementos ordenados segundo o seu número atómico (número de protóns).
  • Os elementos de cada grupo (vertical) teñen a mesma configuración electrónica na última capa e, polo tanto, propiedades químicas similares.