30 de abril de 2016

Semana do libro 2016

Dentro das actividades da semana do libro, catro alumnos de 2º de E.S.O. e outros catro de 3º explicaron ós rapaces de 5º e 6º de Primaria algunhas ideas básicas de ciencia, como os estados da materia, os elementos e a táboa periódica, a temperatura ou a noción de pH. Ó final, unha piruleta para cada un, iso sí, co consello de non tomar demasiado azucre.

Aquí tedes algunhas fotos da xornada: