18 de marzo de 2015

Esponxa de Menger

Os alumnos de Educación Secundaria do colexio, coordinados polo departamento Científico-Tecnolóxico e  o de Ensinanzas Artísticas, colaboraron na elaboración dunha estrutura fractal chamada esponxa de Menger (dentro das Xornadas IMATXINA que organiza a Escola Rosalía de Castro). Entre eles e os doutros moitos centros da cidade chegouse a construír o nivel 4 desta estrutura, que a día de hoxe está na sede da Fundación Barrié en Vigo. Parabéns a todos eles.




8 de marzo de 2015

Eclipse de Sol

O día 20 de marzo poderemos ver unha eclipse total de Sol, aínda que desde aquí será parcial. Isto quere dicir que a Lúa se interpón entre a Terra e o Sol pero non o tapa totalmente. O feito de que o plano de translación da Lúa ó redor da Terra e desta ó redor do Sol non coincidan fai que non tódolos meses teñamos este tipo de eclipses.
Desde Vigo poderá verse entre as  9:04 e as 11:15  (horario local). O máximo escurecemento terá lugar ás 10:07 h, momento no que estará tapado o 74% do Sol.
OLLO: Non se debe mirar directamente ó Sol durante unha eclipse, nin con gafas de sol, radiografías, etc. Merca unhas gafas específicas nunha óptica e non mires seguido máis duns poucos segundos.

                                  Lugares por onde pasará  a eclipse