7 de decembro de 2022

Recuperación 1ª avaliación

Exames de recuperación da 1ª avaliación

  • FQ3º / FQ4º: 19 de decembro
  • Mat3º / Mat4º: 21 de decembro (en 4º, na hora de Bioloxía)
  • BX3º / BX4º: 11 de xaneiro

17 de maio de 2022

17 de maio - Día da ciencia en galego

  1. Osíxeno ou oxíxeno?
  2. Platino ou pratino?
  3. Xofre ou sofre?
  4. Radon ou radón?
  5. Astato ou ástato?
  6. Estano ou estaño?
  7. Plata ou prata?
  8. Chumbo ou plomo?
  9. Silicio ou Xilicio?
  10. Neón ou neon?

CONSULTA A TÁBOA PERIÓDICA EN GALEGO e conta os acertos:

  • 1-3 acertos: ti es de Sangenjo ou Rianjo e vas á festa do pulpo de El Roblecito.
  • 4-6 acertos: de pequeno/a sentabas no colo da abuela e contábache o conto de Caperucita. 
  • 7-9 acertos: non se sabe se sobes ou baixas. Vas camiño de ser galego/a.
  • 10 acertos: ti es máis galego que o Luar. 

7 de maio de 2022

2 de maio de 2022

Gañadoras concurso Arquimedianos21

Xa temos gañadoras da 6ª edición do concurso de matemáticas Arquimedianos21:

3º ESO: M.N.E.H.

4º ESO: M.A.O,  L.G.P. e  A.U.V. (ex aequo)

Parabéns ás catro e un vale para mercar libros a cada grupo.

23 de abril de 2022

Concurso Arquimedianos 21- Problema 4 (e último)

3º ESO

Se sumamos tres lados dun rectángulo obtemos 39 cm. Se sumamos de novo tres lados do mesmo rectángulo obtemos 42 cm. Canto miden os lados?

4º ESO 

Cal é o maior valor enteiro que pode tomar x para que a expresión (x2-38) / (x+1)  sexa tamén enteira?


16 de abril de 2022

Bioloxía e Xeoloxía 4 - Descarga

 Estrutura e historia da Terra

Concurso Arquimedianos21- Problema 3

 3º e 4º ESO

A lonxitude do Ecuador é, aproximadamente, de 40 000 km. Supoñamos que rodeamos a Terra cunha banda (de cor vermella, na imaxe) a 3 metros de altura sobre todo o Ecuador. Cal sería a lonxitude desta banda? (Os problemas 2 e 3 recolleranse o 22 de abril.)

                                       Imaxe orixinal: klipartz

Que a Terra está ao revés? Non, por que?

9 de abril de 2022

Concurso Arquimedianos21 - Problema 2

3º ESO

Un deportista xogou tres torneos e conseguiu, en total, 12 puntos. Se en cada torneo gañou máis puntos que no anterior e, ademais, no último conseguiu menos puntos que nos dous anteriores xuntos, cantos puntos obtivo en cada un? 

                                    

4º ESO

Os dous botes cilíndricos teñen o mesmo volume, pero o vermello ten un 30% máis de radio que o azul. Canto % máis de altura ten o azul que o vermello?