Os océanos da Terra son os grandes reguladores do clima. A corrente oceánica que percorre todo o planeta, chamada circulación termohalina, garante que a calor se propague desde o Ecuador ata as zonas polares, polo que se encarga de suavizar as temperatura extremas. Esta corrente é superficial na zona ecuatorial e vai afundindo a medida que se achega a latitudes altas como consecuencia do aumento de densidade debido ás baixas temperaturas.
28 de marzo de 2012
O fluxo das augas
19 de marzo de 2012
EXPERIMENTOS SINXELOS CON FLUÍDOS
Transvase de líquidos inmiscibles
Na aula puidemos ver aspectos sinxelos do comportamento de fluídos. Se dúas copas con auga e aceite están separadas por unha carta, o aceite, menos denso, pode estar na inferior. Cando retiramos a carta, o aceite sobe e a auga baixa.
O ludión é un pequeno dispositivo consistente nalgún tipo de obxecto oco e aberto por unha das súas partes.(neste caso, a carcasa dun boli lastrada con clips). Ó metelo nunha botella con auga, flota. Cando apertamos a botella, esa presión se transmite a tódolos puntos do interior por igual (polo principio de Pascal), co que se desaloxa parte do aire do interior do ludión e isto fai que se reduza o pulo que soporta (principio de Arquímedes). Apertando máis ou menos, podemos controlar a súa flotabilidade.
(Grazas a Óscar Alcántara e Juan Esteban Parra pola súa colaboración)
3 de marzo de 2012
CUESTIÓNS
- Canto tempo podemos vivir sen auga? Pois depende de moitos factores. En condicións favorables (por exemplo, se non suamos), ó redor dunha semana. Se se produce perda de líquidos, a deshidratación acelerada fai que a morte veña moito antes, nunhas poucas horas. Habitualmente, a auga que perde o corpo (pola suor, a urina, as feces ou a expiración) é compensada pola que bebemos e a que conteñen os alimentos. Esta perda depende moito das condicións ambientais, xa que suar é o mecanismo que nos refrixera cando vai moita calor. Se suamos moito e non recuperarmos a auga, acaba producíndose un quentamento do corpo e unha baixada da presión arterial, co que a morte pode chegar en pouco tempo.
- Por que nos queimamos co sol? Unha excesiva radiación ultravioleta do sol pode producir queimaduras no corpo, xa que dana as células da pel. A pesar dos filtros do planeta (a capa de ozono) e das persoas (a melanina, o pigmento que dá cor á pel, serve para protexernos da radiación), se tomamos un exceso de sol este acaba danando o ADN das células da derme e producindo, como reacción, o típico arroibamento e a dor que se dan nas queimaduras. Este dano constante ó ADN pode dar lugar, co tempo, a un cancro de pel.
- Por que os homes teñen pezóns ? Porque os machos e as femias comparten certos caracteres como expresión do seu xenoma. Se ben nas femias os pezóns aseguran unha correcta lactación para os fillos, nos homes non teñen unha función específica pero non supoñen unha desvantaxe evolutiva, polo que se manteñen como estruturas anatómicas ancestrais.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)