28 de setembro de 2024
Pendentes 3º ESO - Boletíns
14 de setembro de 2024
Descargas 3º / 4º ESO
- Bioloxía e Xeoloxía 3º: A célula eucariota
- Bioloxía e Xeoloxía 4º: As células
1 de xuño de 2024
Descarga 4º ESO
- Matemáticas: Probabilidade
- Física e Química: Enerxía mecánica e Calor
17 de maio de 2024
Descargas 3º e 4º ESO
- Matemáticas 3º: Sucesións de números reais
- Bioloxía e Xeoloxía 3º: Saúde e enfermidade
- Bioloxía e Xeoloxía 4º: Estrutura e historia da Terra e da vida
7 de maio de 2024
ADN de amorodos
A linguaxe da vida é universal e os constituíntes básicos son os mesmos nun amorodo e en nós mesmos. Así que en 4º de ESO extraemos o ADN duns amorodos, un longo fío enroscado formado por moléculas (bases) unidas en parellas: timina-adenina, citosina-guanina; e así todo, repetíndose millóns de veces. Como teñen moito ADN similar sóense usar para estas cousas.
O primeiro é ter amorodos, desengraxante, alcol e sal. Botamos un pouco de desengraxante en auga e engadimos sal. O desengraxante disolve as membranas da célula e do núcleo e libera o o ADN. O sal sepárao das proteínas ao redor das que vai enrolado. Engadimos a mestura ao puré de amorodos que fixemos antes e coámolo. A esta mestura resultante botámoslle un pouco de alcol frío para reter o ADN sen que se disolva. E o que sae de aí son uns fíos pequenos e brancos de ácido desoxirribonucleico, o xerme da vida.
Aí tedes ás nosas orgullosas axudantes.
4 de maio de 2024
Concurso Arquimedianos21
Xa temos gañadoras do concurso de Matemáticas Arquimedianos21:
- 3º ESO: A. M. M. V.
- 4º ESO: X. G. M.
Parabéns ás dúas e que gocen do libro que merquen.
27 de abril de 2024
Descarga 4º
Física e Química: Presión en fluídos
Problema 4 - Concurso Arquimedianos21
Problema 4 - 3º e 4º ESO
Cal é a última cifra do número 2997 ?
(A calculadora non che vai valer neste caso)
20 de abril de 2024
Problema 3- Concurso Arquimedianos21
Problema 3 - 3º e 4º ESO
María vai andando pegada á parte exterior dun edificio, como o da figura, un día de moita néboa, de tal xeito que só pode ver ata 8 metros de distancia. Cal é a área total da zona que pode ver ao rodear o edificio?
13 de abril de 2024
Problema 2- Concurso Arquimedianos21
Problema 2 - 3º e 4º ESO
x e y son dous números naturais tales que x<y. Sabemos que x+xy=294. Cal é o valor ou valores de x-y?
12 de abril de 2024
Descarga 4º
Matemáticas: Funcións reais de variable real
6 de abril de 2024
Problema 1- Concurso Arquimedianos21
Problema 1- 3º e 4º ESO
Calcular a área da parte común dos dous círculos iguais que intersecan, marcada en verde. O radio dos círculos é 10 cm e a corda común mide o mesmo.
26 de marzo de 2024
Concurso Arquimedianos21 (8ª edición)
- Poderá participar calquera alumno/a de 3º ou 4º ESO.
- Os alumnos/as que queiran participar deberán resolver 4 retos matemáticos.
- Os retos publicaranse no blog cada fin de semana a partir do 6 de abril.
- A
solución de cada reto, razoada e calculada, deberá entregarse por
escrito ao profesor o venres da correspondente semana. A puntuación de
cada reto será de 0 a 100 puntos. A puntuación mínima por participar será de 15 puntos por exercicio presentado.
- O profesor resolverá o problema na semana seguinte á súa proposta.
- O gañador/a será o que teña maior puntuación en cada clase, cun mínimo de 150 puntos. En caso de empate, repartirase o premio.
24 de febreiro de 2024
Descargas
- Física e Química 3º: Reaccións químicas , Química da atmosfera
- Física e Química 4º: Dinámica: 1, 2, 3, 4
- Matemáticas 3º: Expresións alxébricas e polinomios
- Bioloxía 4º: A evolución
- Bioloxía 3º: Sexualidade e reprodución humana
3 de febreiro de 2024
Descargas
- Matemáticas 3º: Ecuacións e sistemas
- Física e Química 3º: Formulación
- Bioloxía 3º: Sistemas nervioso e endócrino
- Matemáticas 4º: Vectores e rectas no plano
1 de febreiro de 2024
Grupos sanguíneos en 4º ESO
Todos coñecemos o sistema AB0 de grupos sanguíneos: podemos ser A, B, AB ou 0. Isto débese a certas proteínas (antíxenos) que poden ter os glóbulos vermellos. Así, os do grupo A teñen antíxeno A; os do B, antíxeno B; os do AB, A e B; e os do grupo 0, ningún. Ademais, no plasma pode haber outras proteínas (anticorpos) que atacan a certos antíxenos e producen aglutinación dos glóbulos vermellos. Por exemplo, o sangue A ten anticorpos anti-B, polo que destrúe os antíxenos B. Aparte, tamén hai outras proteínas (o factor Rh) que podemos ter ou non (Rh+ e Rh-, respectivamente).
No laboratorio averiguamos os grupos pinchándonos nun dedo e botando 4 gotiñas de sangue nun acetato. Nunha engadimos reactivo anti-A, noutra anti-B, noutra anti-A e anti-B e, na última, anti D (anti-Rh). Segundo se producise ou non aglutinación, puidemos deducir de que grupo se trataba. Velaí unha foto das axudantes:
2 de xaneiro de 2024
Descargas
- Matemáticas 3º: Potencias e radicais
- Física e Química 4º: Método científico e Exercicios cinemática
- Bioloxía e Xeoloxía 4º: Exercicios xenética mendeliana, Codominancia
- Física e Química 3º: Estequiometría