- Que é? Un telescopio fabricado pola NASA, ESA e CSA, que foi lanzado o día de Nadal de 2021 desde La Guyane française (unha zona costeira preto do Ecuador. A razón de que se lance desde aquí é que o foguete recibe un pulo adicional polo movemento de rotación terrestre e, ao despegar cara ao leste, redúcense os riscos en caso de caída, xa que o faría sobre o océano Atlántico) e que se situará a uns 1,5 millóns de km da Terra, no punto 2 de Lagrange, oposto ao Sol.
- Por que é importante? Porque vai observar o Universo no rango do infravermello (mira a imaxe 1), o que lle permitirá ver as primeiras estrelas e galaxias que se formaron hai máis de 13 000 millóns de anos. Tamén estudará exoplanetas (planetas de fóra do noso Sistema Solar) e os planetas do noso propio sistema.
- Como é? O telescopio está formado por un espello primario de 18 paneis hexagonais (que vai pregado) e que se abrirá uns 13 días despois do lanzamento, cando o escudo protector estea operativo. Os espellos deben protexerse da calor do Sol para poder detectar a luz infravermella e, para elo, o telescopio conta cun escudo térmico de cinco capas que mantén a súa temperatura a uns -233 ºC. Deste xeito, poderá estudar obxectos que non podía observar o telescopio espacial Hubble. (O seu antecesor, lanzado en 1990.)
27 de decembro de 2021
O telescopio espacial James Webb
16 de decembro de 2021
Recuperacións 1ª avaliación
Datas recuperacións 1ª avaliación:
- Matemáticas 3º/4º: 10 de xaneiro
- Bioloxía e Xeoloxía 4º: 13 de xaneiro
- Bioloxía e Xeoloxía 3º: 14 de xaneiro
- Física e Química 3º/4º: 17de xaneiro
12 de novembro de 2021
Matemáticas 4º - Descarga
5 de novembro de 2021
Físca e Química 3º - Descarga
Bioloxía 4º- Descarga
22 de outubro de 2021
Bioloxía 3º - Descarga
Matemáticas 3º- Descarga
15 de outubro de 2021
Matemáticas 4º - Descarga
13 de outubro de 2021
Ciencia para ti
Se che interesa a ciencia e queres aprender cousas novas dunha forma doada, recoméndoche o programa
ÓRBITA LAIKA (martes, ás 22:00 h na 2). Se queres ver o desta semana clica AQUÍ.
25 de setembro de 2021
Pendentes de 3º ESO
15 de setembro de 2021
Comezamos
" - Sábete, Sancho, que no es un hombre más que otro, si no hace más que otro."
Don Quijote de La Mancha (cap. XVIII)
BENVIDOS/AS AO CURSO 2021-22
3 de xullo de 2021
14 de maio de 2021
Concurso Arquimedianos21 - Problema 4 (e último)
3º ESO
Se a/b=2/5, canto vale a expresión: (2a+b)/(a-3b) ?
4º ESO
Se n é un cadrado perfecto, cal é o cadrado perfecto anterior?
7 de maio de 2021
Concurso Arquimedianos21 - Problema 3
3º ESO
Que ángulo exacto forman as agullas dun reloxo ás dez e dez en punto?
4º ESO
Calcular cal é a última cifra do número 21017
1 de maio de 2021
Concurso Arquimedianos21 - Problema 2
3º ESO
No trapecio isóscele da figura, cuxas diagonais forman ángulos rectos, calcular a medida da base maior (CD).
4º ESO
A figura inferior está composta por dous cadrados e un arco de cicunferencia con centro no punto P. Calcular canto mide este arco (AB).
24 de abril de 2021
Concurso Arquimedianos21 - Problema 1
3º ESO
Temos 5 caixas que pesamos dúas a dúas, obtendo os seguintes resultados (en kg): 18, 22, 24, 16, 20, 22, 14, 26, 18, 20. Cal é o peso de todas as caixas xuntas?
4º ESO
Temos a seguinte expresión: 144· (3/2)n
onde n é un número enteiro. Para que valores de n a expresión ten un valor enteiro?
Concurso Arquimedianos21 (5ª edición)
- Poderá participar calquera alumno/a de 3º ou 4º ESO.
- Os alumnos/as que queiran participar deberán resolver 4 retos matemáticos.
- Os retos aparecerán publicados no blog cada fin de semana entre os días 24-25 de abril e 15-16 de maio.
- A
solución de cada reto, razoada e calculada, deberá entregarse por
escrito ao profesor o venres da correspondente semana. A puntuación de cada reto será de 0 a 100 puntos.
- O profesor resolverá o problema na semana seguinte á súa proposta.
- O gañador/a será o que teña maior puntuación. En caso de empate, repartirase o premio.
22 de abril de 2021
Día do Libro
Se non queres ser coma eles, le.
23 de abril - Día do Libro
Aviso: o vídeo é unha mofa das ideas dos negacionistas.
Ningún negacionista foi maltratado na rodaxe deste vídeo.
7 de abril de 2021
Semana da Ciencia
14 de marzo de 2021
6 cousas de π que igual non sabías
- Hoxe, domingo 14 de marzo (mes 3), celébrase o seu día (lembra: π=3,14...).
- π é un número irracional, o que quere dicir que non se pode expresar como cociente (fracción) de dous números enteiros (ten infinitos decimais non periódicos).
- É un número trascendente: non é solución de ningunha ecuación alxébrica de coeficientes enteiros.
- O perímetro da circunderencia é π veces o seu diámetro.
- O número π é coñecido desde hai miles de anos. No século III a. C, Arquímedes calculou a seguinte aproximación: 223/71<π<220/70
- Mediante algoritmos informáticos, a día de hoxe calculáronse máis de 30 billóns de decimais de π.
26 de febreiro de 2021
En 4º da ESO averiguamos o grupo sanguíneo
É de todos coñecido o sistema AB0 de grupos sanguíneos: podemos ser A, B, AB ou 0. Isto débese a certas proteínas (antíxenos) que poden ter os glóbulos vermellos. Así, os do grupo A teñen antíxeno A; os do B, antíxeno B; os do AB, A e B; e os do grupo 0, ningún. Ademais, no plasma pode haber outras proteínas (anticorpos) que atacan a certos antíxenos e producen aglutinación dos glóbulos vermellos. Por exemplo, o sangue A ten anticorpos anti-B, polo que "ataca" ao sangue do grupo B. Aparte, tamén hai outras proteínas (o factor Rh) que podemos ter ou non (Rh+ e Rh-, respectivamente).
Na aula averiguamos os grupos pinchándonos nun dedo (previamente desinfectado con alcol) e botando 4 gotiñas de sangue nun acetato. Nunha engadimos reactivo anti-A, noutra anti-B, noutra anti-A e anti-B e, na última, anti D (anti-Rh). Segundo se producise ou non aglutinación en cada gotiña, puidemos deducir de que grupo se trataba. Curiosamente, os tres casos (profesor e dous alumnos) deron A+.
Velaquí unhas fotos:
BX4- Leis de Mendel
Para saber máis sobre as Leis de Mendel clica AQUÍ.
4 de febreiro de 2021
BX4- Problemas resoltos de xenética básica
Practica a xenética mendeliana clicando AQUÍ : exercicios resoltos.