A) Galileo Galilei
(1564-1642), considerado o pai da física experimental, foi o primeiro
en decatarse de que tódolos corpos caen igual no baleiro, en contra do
que pensara Aristóteles. Como na súa época non había forma de facer
medidas precisas, experimentou con planos inclinados, de xeito que
chegou a comprobar que distintas bólas baixaban coa mesma aceleración.
Galileo
defendeu a teoría heliocéntrica de Copérnico e construíu un dos
primeiros telescopios, co que observou as montañas da Lúa, os catro
satélites maiores de Xúpiter, os aneis de Saturno e as manchas solares.
Esta defensa das ideas de Copérnico levaríao á enfrontarse coa
Inquisición. Como se retractou publicamente, só foi castigado con
arresto domiciliario.
As
súas aportacións á física foron determinantes, ata o punto de que xunto coas
leis de Kepler e as de Newton sentaron as bases de toda a Mecánica
Clásica, que estuda os movementos dos corpos e as forzas que os causan e
permite explicar o xiro dos planetas ó redor do Sol.
A esfera e a pluma caen á mesma velocidade no baleiro
B) Mira o vídeo do coche eléctrico máis rápido do mundo (en 2016) e, cos datos que dá, calcula:
1-
Aceleración 2- Ecuación do movemento e espazo percorrido aos 0,5 s 3-
Espazo total percorrido (supoñemos aceleración constante)
Ningún comentario:
Publicar un comentario