O pasado día 20 de xaneiro foi activada a sonda Rosetta, despois de máis de dous anos en hibernación, coa fin de prepararse para a súa futura misión: achegarse ó cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko para que o módulo de aterraxe, Philae, tome terra sobre este corpo en novembro deste ano. Esta nave foi lanzada ó espazo en 2004 pola Axencia Espacial Europea (E.S.A.) e entrou en hibernación en 2011 para reducir o seu consumo de enerxía.
O obxectivo da misión é estudar as características do cometa para saber máis sobre a formación do Sistema Solar. Read more in english.
Ningún comentario:
Publicar un comentario