A SIDA é un síndrome causado polo virus VIH (virus de inmunodeficiencia humana). Este virus pode entrar no corpo a través do sangue ou dos fluídos xenitais (seme e fluídos vaxinais).Unha vez dentro pode pasar moito tempo ata que actúa, polo que unha persoa pode ser seropositiva (ten o virus) pero non ter a SIDA (que é cando se manifesta a enfermidade). A acción do virus consiste en atacar ós linfocitos CD4, que son unhas células do noso sistema defensivo, polo que quedamos inermes ante o ataque de calquera microbio. Os primeiros casos coñecidos de SIDA son de principios dos anos 80. Inicialmente era unha enfermidade mortal, pero na actualidade é crónica gracias ós fámacos que se usan desde mediados dos 90. Sen embargo, estes fármacos (patentados por multinacionais farmacéuticas) son caros e non chegan á maioría dos infectados do terceiro mundo, que é onde a pandemia golpea con máis forza.
1 de decembro de 2013
1 de decembro- Día mundial da SIDA
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario