30 de maio de 2026

Mens sana

O alumnado de 3º e 4º ESO asistiu a unha amena charla do investigador do Instituto de Investigación Sanitaria de Galicia Sur, o neurocientífico Carlos Spuch, que lles falou, con palabras que entenderon ben, da saúde e a enfermidade mental na adolescencia, algo desgraciadamente habitual para o que non caben tabús nin ocultacións. Ás veces é inevitable, pero outras ten porta de entrada, como as drogas.  Falar máis permite facer máis. Grazas a Carlos polo seu tempo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario