2 de xuño de 2013

Día de portas abertas

O día de portas abertas (31/05/13) o departamento científico-tecnolóxico organizou un obradoiro de ciencias no que os rapaces de 4º, 5º e 6º de Primaria e os de 2º, 3º e 4º de E.S.O. realizaron sinxelas experiencias para todos aqueles que quixeron pasarse polo laboratorio. Así, ilustráronse o efecto invernadoiro, a análise da presenza de amidón en alimentos, o que lles pasa a líquidos inmiscibles de distinta densidade cando se xuntan, a detección de pegadas dactilares,  billetes que arden pero non se queiman ou palillos que se moven cando absorben auga, entre outros moitos experimentos.
Tamén se celebrou o concurso Pasapalabra Científico, no que os alumnos da E.S.O. deron conta dos seus coñecementos de bioloxía, física e química. E tiveron premio.
Moi ben por todos eles!




Ningún comentario:

Publicar un comentario