8 de decembro de 2012

Non é xene todo o que reloce

Ata non hai moitos anos pensábase que a maior parte do ADN que está nas nosas células era o que se deu en chamar ADN lixo, restos evolutivos que non valían para nada. Pouco a pouco foron aparecendo evidencias de que non era así. Se ben os xenes forman só unha diminuta parte do noso ADN, o resto ten funcións básicas que están saíndo á luz co proxecto ENCODE (Enciclopedia do ADN) . Neste proxecto traballaron máis de 400 científicos durante 10 anos e polo momento sábese que  a maioría destas partes que non son xenes regulan a expresión destes, polo que poden estar relacionadas con distintas enfermidades. Queda moito por diante, pero desde que en en 1990 comezou o Proxecto Xenoma Humano, os cambios na nosa concepción da vida van a un ritmo vertixinoso.


Ningún comentario:

Publicar un comentario