Antes de que se inventara o telescopio no século XVII, xa hai rexistros de astrónomos que observaron supernovas. Estas son estrelas máis masivas có sol, que o rematar a súa vida e gastar o seu combustible estoupan, producindo unha enorme luminosidade, superior á dunha galaxia. As capas externas da estrela son expulsadas a enormes velocidades e se pode ver no ceo, incluso a simple vista, unha luz onde antes non se vía nada. Na historia da astronomía hai crónicas da aparición destas "novas estrelas": astrónomos chineses observaron , en 1054, unha nova estrela na constelación de Tauro (a que sería logo coñecida como nebulosa do Cangrexo); en 1572, o astrónomo Tycho Brahe observou unha en Casiopea e, pouco despois, en 1604, Johannes Kepler tivo a sorte de ver outra. Todo isto contradicía as ideas de Aristóteles (384 a.C.-322 a.C.) (que, pese ó tempo que pasara, seguían considerándose válidas), que pensaba que os ceos eran inmutables.
2 de novembro de 2012
Supernovas
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario