17 de maio de 2015
17 de maio - Día das Ciencias Galegas
23 de abril de 2015
Newton e Darwin na Semana do Libro
Durante a semana do libro realizamos distintas actividades no colexio. O departamento Científico-Tecnolóxico tratou de achegar as obras de Newton e Darwin aos alumnos de Primaria. Así, os de 2º de E.S.O. prepararon unha biografía de Newton que presentaron na aula de 6º, co propio personaxe- con mazá e todo- de convidado de luxo. Así mesmo, os alumnos de Bioloxía de 4º E.S.O. falaron de Darwin e a súa obra na clase de 5º de Primaria. Ata o propio Darwin, alí presente, tivo certas dificultades para contestar ás preguntas intelixentísimas dos nenos. Parabéns a todos.
Abaixo, algunhas fotos da exposición de 4º de E.S.O.
Etiquetas:
Actividades,
Bioloxía,
Física,
Matemáticas
4 de abril de 2015
Dimorfismo sexual
As pelves humanas son diferentes se pertencen a un home ou a unha muller. Neste último caso, a pelve é máis redondeada e o diámetro da cavidade pélvica é maior, xa que corresponde á canle do parto pola que ten que saír o bebé. As razóns de que o embarazo humano dure nove meses parecen ser dúas: a cabeza do neno ten o tamaño límite para poder pasar polo buraco da pelve e as súas necesidades enerxéticas xa non poden ser cubertas pola nai.
1- Arco púbico: no home, V invertido; na muller, U invertido
2- Espiñas ciáticas: máis grandes no home
3- Diámetro da cavidade pélvica: maior na muller
4- Sacro e cóccix: cara atrás na muller
18 de marzo de 2015
Esponxa de Menger
Os alumnos de Educación Secundaria do colexio, coordinados polo departamento Científico-Tecnolóxico e o de Ensinanzas Artísticas, colaboraron na elaboración dunha estrutura fractal chamada esponxa de Menger (dentro das Xornadas IMATXINA que organiza a Escola Rosalía de Castro). Entre eles e os doutros moitos centros da cidade chegouse a construír o nivel 4 desta estrutura, que a día de hoxe está na sede da Fundación Barrié en Vigo. Parabéns a todos eles.
Etiquetas:
Actividades,
Matemáticas
8 de marzo de 2015
Eclipse de Sol
O día 20 de marzo poderemos ver unha eclipse total de Sol, aínda que desde aquí será parcial. Isto quere dicir que a Lúa se interpón entre a Terra e o Sol pero non o tapa totalmente. O feito de que o plano de translación da Lúa ó redor da Terra e desta ó redor do Sol non coincidan fai que non tódolos meses teñamos este tipo de eclipses.
Desde Vigo poderá verse entre as 9:04 e as 11:15 (horario local). O máximo escurecemento terá lugar ás 10:07 h, momento no que estará tapado o 74% do Sol.
OLLO: Non se debe mirar directamente ó Sol durante unha eclipse, nin con gafas de sol, radiografías, etc. Merca unhas gafas específicas nunha óptica e non mires seguido máis duns poucos segundos.
Etiquetas:
Actividades,
Astronomía,
Física
25 de decembro de 2014
4 cousas de Mates que quizais non sabías
Non se pode dividir por cero.
É unha indefinición matemática (non infinito), polo que non ten sentido. Para que se puidese facer esta operación, o número 0 tería que ter inverso (outro número que multiplicado por el dese 1), o cal non é certo. Máis.
A parte non ten por que ser menor que o todo.
Nun conxunto finito, a parte é menor que o todo, pero non así nos conxuntos infinitos. Se collemos o conxunto dos números naturais podemos facer corresponder a cada natural un número par, sen que falte ningún, polo que a parte (pares) ten o mesmo número de elementos que o todo (naturais)

Por un punto exterior a unha recta non pasa unha soa paralela.
Na xeometría euclídea, baseada nos postulados de Euclides, si é certo que por un punto exterior a unha recta só pasa unha paralela. Pero no século XIX descubríronse outras xeometrías nas que isto non é certo. Na xeometría esférica (caso da Terra), por exemplo, por un punto exterior a unha recta (pensa nun meridiano), non pasa ningunha paralela (xa que os meridianos se cortan nos dous polos).

Non sempre existiu o CERO.
Na numeración romana (aínda utilizada, por exemplo, nalgúns reloxos) non existía o cero, xa que non se contemplara a posibilidade de usar unha cifra para representar a nada. Foron os matemáticos indios os que inventaron este número, que foi despois traído a Occidente polos árabes. O sistema de numeración que usamos hoxe (coñecido como arábigo) comezou a facerse popular en Europa a partir do século XIII, grazas á obra Liber Abaci de Leonardo de Pisa.

12 de novembro de 2014
Para contar ós teus netos
Imaxe do cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko desde o módulo Philae da sonda espacial Rosetta, a unha altura de 3 km, pouco antes da aterraxe ás 17 horas. O módulo voa agora enganchado ó cometa só polos parafusos das patas, pois as outras medidas de ancoraxe, coma os arpóns que levaba, fallaron. Durante os próximos días ou meses, no mellor dos casos, Philae analizará a composición do cometa e enviará os datos á Terra.
![]() |
| Foto: ESA |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)