22 de abril de 2021
Día do Libro
Se non queres ser coma eles, le.
23 de abril - Día do Libro
7 de abril de 2021
Semana da Ciencia
14 de marzo de 2021
6 cousas de π que igual non sabías
- Hoxe, domingo 14 de marzo (mes 3), celébrase o seu día (lembra: π=3,14...).
- π é un número irracional, o que quere dicir que non se pode expresar como cociente (fracción) de dous números enteiros (ten infinitos decimais non periódicos).
- É un número trascendente: non é solución de ningunha ecuación alxébrica de coeficientes enteiros.
- O perímetro da circunderencia é π veces o seu diámetro.
- O número π é coñecido desde hai miles de anos. No século III a. C, Arquímedes calculou a seguinte aproximación: 223/71<π<220/70
- Mediante algoritmos informáticos, a día de hoxe calculáronse máis de 30 billóns de decimais de π.
26 de febreiro de 2021
En 4º da ESO averiguamos o grupo sanguíneo
É de todos coñecido o sistema AB0 de grupos sanguíneos: podemos ser A, B, AB ou 0. Isto débese a certas proteínas (antíxenos) que poden ter os glóbulos vermellos. Así, os do grupo A teñen antíxeno A; os do B, antíxeno B; os do AB, A e B; e os do grupo 0, ningún. Ademais, no plasma pode haber outras proteínas (anticorpos) que atacan a certos antíxenos e producen aglutinación dos glóbulos vermellos. Por exemplo, o sangue A ten anticorpos anti-B, polo que "ataca" ao sangue do grupo B. Aparte, tamén hai outras proteínas (o factor Rh) que podemos ter ou non (Rh+ e Rh-, respectivamente).
Na aula averiguamos os grupos pinchándonos nun dedo (previamente desinfectado con alcol) e botando 4 gotiñas de sangue nun acetato. Nunha engadimos reactivo anti-A, noutra anti-B, noutra anti-A e anti-B e, na última, anti D (anti-Rh). Segundo se producise ou non aglutinación en cada gotiña, puidemos deducir de que grupo se trataba. Curiosamente, os tres casos (profesor e dous alumnos) deron A+.
Velaquí unhas fotos:
BX4- Leis de Mendel
Para saber máis sobre as Leis de Mendel clica AQUÍ.
4 de febreiro de 2021
BX4- Problemas resoltos de xenética básica
Practica a xenética mendeliana clicando AQUÍ : exercicios resoltos.
8 de decembro de 2020
Táboa Periódica en 3D
Gústache a Química, digo a Chemistry? Podes ver a Táboa Periódica en 3D neste enlace, coas propiedades de cada elemento (in english, of course).












