3º e 4º ESO
O cadrado ABCD ten de área 144 centímetros cadrados. Está dividido en cinco partes de igual área (os catro cadrados e a figura en forma de L, en verde). Calcular a medida do ancho deste L, x.
27 de abril de 2019
Concurso Arquimedianos - Problema 3
Etiquetas:
Actividades,
Matemáticas
13 de abril de 2019
Concurso Arquimedianos - Problema 2
3º e 4º ESO
Tiña escrito un número de 5 cifras pero, desgraciadamente, caeume un borrancho de tinta sobre as tres últimas. O número comezaba por 86 e lembro que:
Tiña escrito un número de 5 cifras pero, desgraciadamente, caeume un borrancho de tinta sobre as tres últimas. O número comezaba por 86 e lembro que:
- Era divisible entre 3, 4 e 5.
- Todas as cifras eran diferentes.
- Empezando pola esquerda, as cifras ían sempre decrecendo.
- Non era divisible entre 9.
Etiquetas:
Actividades,
Matemáticas
6 de abril de 2019
Concurso Arquimedianos - Problema 1
3º ESO
Calcular o radio do semicírculo laranxa inscrito no triángulo isóscele.
4º ESO
Calcular o radio do semicírculo laranxa inscrito no triángulo isóscele.
4º ESO
A área da parte laranxa do cadrado ABCD é a metade da do rectángulo. Calcular a lonxitude do segmento x marcado.
Etiquetas:
Actividades,
Matemáticas
28 de marzo de 2019
Concurso Arquimedianos (4ª edición)
Gústanche as matemáticas? Serás algún día como Newton, Gauss, Arquímedes, Euler ou Hilbert?
CONCURSO ARQUIMEDIANOS (4ª edición)
Normas:- Poderá participar calquera alumno/a de 3º ou 4º ESO.
- Os alumnos/as que queiran participar deberán resolver 4 retos matemáticos.
- Os retos aparecerán publicados no blog cada fin de semana entre os días 7 de abril e 5 de maio colgaranse os luns correspondentes nos taboleiros das aulas.
- A solución de cada reto, razoada e calculada, deberá entregarse por escrito ao profesor o venres desa semana. O profesor resolverao na semana seguinte á súa proposta.
- O gañador/a será o que resolva correctamente máis retos. En caso de empate, repartirase o premio.
Etiquetas:
Actividades,
Matemáticas
24 de marzo de 2019
2019: Ano Internacional da Táboa Periódica
Hai 150 anos, por estas datas, Mendeléiev presentaba a súa táboa periódica:
- Nela ordenábanse os elementos coñecidos na época (63) segundo o seu peso atómico.
- Un elemento é unha substancia formada por átomos e que non se pode descompoñer noutra máis simple por medios químicos.
- Mendeléiev conseguiu predicir as propiedades de elementos aínda non descubertos cando presentou a súa primeira táboa, en 1869, coma o Galio ou o Xermanio.
- Actualmente, o sistema periódico consta de 118 elementos ordenados segundo o seu número atómico (número de protóns).
- Os elementos de cada grupo (vertical) teñen a mesma configuración electrónica na última capa e, polo tanto, propiedades químicas similares.
4 de febreiro de 2019
Planeta Cíes en 3º ESO
Os alumnos de 3º de ESO acudiron o día 31 de xaneiro, xunto
con outros centros da cidade, á presentación, no auditorio Mar de Vigo, do
proxecto “Planeta Cíes”, que tenta promover a candidatura das illas como
Patrimonio da Humanidade.
O proxecto trata de que os rapaces aprendan o valor natural e
cultural das illas, para o cal terán que traballar varias unidades didácticas,
participar nun concurso en liña e facer unha pequena peza audiovisual na que se
defenda a candidatura.
E xa gañaron unha visita ás illas só por participar.
Etiquetas:
Actividades,
Bioloxía,
Varios,
Xeoloxía
2 de xaneiro de 2019
A sonda New Horizons chega a Ultima Thule
- Lanzamento da sonda: 19 de xaneiro de 2006
- Chegada a Plutón: xullo de 2015
- Chegada a Ultima Thule: xaneiro de 2019
- A que distancia de Ultima Thule pasa a sonda ?: a uns 3500 km
- Que é Ultima Thule?: Un corpo xeado do Cinto de Kuiper a uns 6400 millóns de quilómetros da Terra.
- Canto tardan as imaxes da sonda en chegar a nós?: Posto que son ondas de radio que van á velocidade da luz (300000 km/s), unhas 6 horas.
Etiquetas:
Astronomía,
Física,
Química,
Tecnoloxía,
Varios
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)