14 de febreiro de 2016

Escoitando o universo

O pasado 14 de setembro de 2015 detectáronse por primeira vez de forma directa ondas gravitacionais.
  • Que son?: si botamos unha pedra nun estanque prodúcese unha perturbación que se propaga desde a pedra en forma de círculos. Se estívesemos moi lonxe da pedra, esta perturbación case non se notaría. Pois ben, no espazotempo tamén se pode producir esa perturbación. O que sucede é que se estamos moi lonxe do foco as ondas chegan moi atenuadas, de xeito que é moi difícil detectalas. 
  • Por que se producen?: calquera corpo pode producilas, pero para que sexan de suficiente intensidade ten que ter moita masa. Neste caso, debeuse a un choque entre dous buracos negros, de 26 e 39 veces a masa do Sol. Ó fusionarense, emitiron unha enerxía equivalente a tres veces a masa solar.
  • Cando sucedeu isto?: hai uns 1300 millóns de anos, aínda que as ondas, pola distancia ó lugar da colisión, chegaron agora ó noso planeta.
  • Onde se detectaron?: no observatorio LIGO, en Estados Unidos, que permite detectar cambios de lonxitudes da milésima parte do radio dun protón (é dicir, sobre 10-18 metros = 1 mil billonésima de mm)
  • Por que son tan importantes?: porque proban, unha vez máis, que a Teoría da Relatividade de Einstein é correcta e porque permiten estudar o universo dunha forma nova. Ata agora só dispoñíamos da luz que nos chegaba das estrelas e galaxias para saber como eran. Agora dispoñemos dun sistema que nos permitirá estudar fenómenos como a colisión de buracos negros ou o Big Bang. 
 

19 de setembro de 2015

A xeración espontánea (BX4º)

Montaxe experimental coa que Louis Pasteur (1822-1895) refutou definitivamente a hipótese da xeración espontánea:

Le o texto do enlace xeración espontánea e contesta ás preguntas a, b, i, j (correxiranse en clase o xoves 24 de setembro)

12 de xuño de 2015

Saída de E.S.O.

Os alumnos e profesores de E.S.O. percorreron, o venres 12 de xuño, a Ruta da Pedra e da Auga desde Barrantes ata o mosteiro de Armenteira, pola beira do río do mesmo nome. Afortunadamente o tempo foi fresco e non choveu. Un día para gozar da paisaxe.
Déixovos unhas fotos:
























1 de xuño de 2015

Tecnoloxía da avoa

Aquí tedes algunhas fotos da exposición de tecnoloxía antiga que preparou o departamento para o Día de Portas Abertas. Grazas a tódolos profesores e alumnos que colaboraron.

.

17 de maio de 2015

23 de abril de 2015

Newton e Darwin na Semana do Libro

Durante a semana do libro realizamos distintas actividades no colexio. O departamento Científico-Tecnolóxico tratou de achegar as obras de Newton e Darwin aos alumnos de Primaria. Así, os de 2º de E.S.O. prepararon unha biografía de Newton que presentaron na aula de 6º, co propio personaxe- con mazá e todo- de convidado de luxo. Así mesmo, os alumnos de Bioloxía de 4º E.S.O. falaron de Darwin e a súa obra na clase de 5º de Primaria. Ata o propio Darwin, alí presente, tivo certas dificultades para contestar ás preguntas intelixentísimas dos nenos. Parabéns a todos.
Abaixo, algunhas fotos da exposición de 4º de E.S.O.

4 de abril de 2015

Dimorfismo sexual

As pelves humanas son diferentes se pertencen a un home ou a unha muller. Neste último caso, a pelve é máis redondeada e o diámetro da cavidade pélvica é maior, xa que corresponde á canle do parto pola que ten que saír o bebé. As razóns de que o embarazo humano dure nove meses parecen ser dúas: a cabeza do neno ten o tamaño límite para poder pasar polo buraco da pelve e as súas necesidades enerxéticas xa non poden ser cubertas pola nai. 
1- Arco púbico: no home, V invertido; na muller, U invertido
2- Espiñas ciáticas: máis grandes no home
3- Diámetro da cavidade pélvica: maior na muller
4- Sacro e cóccix: cara atrás na muller