O alumnado de 3º e 4º ESO asistiu a unha amena charla do investigador do Instituto de Investigación Sanitaria de Galicia Sur, o neurocientífico Carlos Spuch, que lles falou, con palabras que entenderon ben, da saúde e a enfermidade mental na adolescencia, algo desgraciadamente habitual para o que non caben tabús nin ocultacións. Ás veces é inevitable, pero outras ten porta de entrada, como as drogas. Falar máis permite facer máis. Grazas a Carlos polo seu tempo.
30 de maio de 2026
Mens sana
23 de maio de 2026
Descarga 4º
FQ4º - Teoría calor e Exercicios calor
Concurso Arquimedianos21
Xa temos gañadora da 10ª edición do concurso Arquimedianos21: A. P. A. Parabéns!
16 de maio de 2026
Luz azul en 3º ESO
Unha bonita imaxe de quimioluminiscencia: a reacción do luminol con lixivia (hipoclorito de sodio) e hidróxido de sodio para producir o ión aminoftalato excitado, que ao desexcitarse emite esta bonita luz azul (de 425 nm) que vemos na imaxe. Poesía líquida e pura química.
15 de maio de 2026
Concurso Arquimedianos 21- Problema 4 (e último)
PROBLEMA 4 (para entregar o 22 de maio)
A espiral da figura está contruída con 3/4 de circunferencia á que seguen outros 3/4 dunha circunferencia de radio a metade da primeira e así sucesivamente ata o infinito. Cal é a súa lonxitude total? (o radio da maior é 5 cm).
8 de maio de 2026
Descarga 4º
Concurso Arquimedianos21 - Problema 3
PROBLEMA 3 (para entregar o 15 de maio)
Un reloxo analóxico como o da figura marca as 6:12:00 ¿Cal é o ángulo exacto entre o minuteiro e a agulla horaria?
1 de maio de 2026
Concurso Arquimedianos21 - Problema 2
PROBLEMA 2 (para entregar o 8 de maio)
Dous números naturais, x e y, cumpren que:
A súa suma é 50
A suma dos seus cubos é 40850
Canto vale o produto dos dous números? (Non hai que resolver unha ecuación cúbica)
24 de abril de 2026
Concurso Arquimedianos21 - Problema 1
20 de abril de 2026
Concurso de matemáticas Arquimedianos21 (10ª edición)
CONCURSO ARQUIMEDIANOS21 (10ª edición)
- Poderá participar calquera alumno/a de 4º ESO, só ou en grupo.
- Os alumnos/as que queiran participar deberán resolver 4 retos matemáticos.
- Os retos publicaranse no blog cada fin de semana a partir do 25 de abril.
- A solución de cada reto, razoada e calculada (non valerá utilizar fórmulas sen xustificación), deberá entregarse por escrito ao profesor o venres da correspondente semana. A puntuación de cada reto será de 0 a 100 puntos. A puntuación mínima por participar será de 15 puntos por exercicio presentado.
- O profesor resolverá o problema na semana seguinte á súa proposta.
- O gañador/a será o que teña maior puntuación, sempre cun mínimo de 150 puntos. En caso de empate, repartirase o premio.
11 de abril de 2026
Descarga 4º
- FQ4: Estática de fluídos
- BX4: Historia Terra e vida
28 de febreiro de 2026
Descarga 4º
21 de febreiro de 2026
Descargas 3º e 4º
7 de febreiro de 2026
Mulleres pioneiras
O alumnado de 3º e 4º ESO participou o venres 6 de febreiro na actividade Mulleres na ciencia, na aula de Naturnova, para coñecer, de preto, o labor dalgunhas pioneiras das distintas ramas da ciencia e, de paso, aprender un pouco da terra, da vida e do espazo.
17 de xaneiro de 2026
Descargas 4º
- BX4 - Lectura comprensiva: o cancro
- FQ4 - Tema introdutorio
- FQ4 - Cinemática
- MB4- Vectores e rectas no plano
2 de decembro de 2025
Saliva con premio
Aquí tedes a parte do alumnado de 4º ESO despois de tentar obter ADN da saliva no laboratorio do colexio. Moito traballo para conseguir unhas pequenas febras brancas no medio dun líquido acuoso. Pero aí estaba: a base da vida na Terra.
15 de novembro de 2025
Descargas 4º
- Matemáticas B: Trigonometría
- Bioloxía e Xeoloxía: Xenética mendeliana , Leis de Mendel
- Física e Química: Estequiometría, disolucións, gases ideais.
11 de novembro de 2025
Bebe o zume que lle van as vitaminas
O alumnado de 3º e 4º ESO asistiu a unha charla da tecnóloga dos alimentos Eva Covelo sobre a importancia do que comemos. O azucre, os mitos da alimentación ou como entender unha etiqueta foron algúns dos temas tratados. Xa, despois, nós decidimos, pero primeiro cómpre estar informados, non si?
8 de novembro de 2025
Morre James Watson
Morre J. Watson, un dos descubridores, en 1953, da estrutura de dobre hélice do ADN. Este descubrimento, un fito na Bioloxía, foi publicado na revista Nature en abril dese ano e valeulle o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1962, xunto con F. Crick e M. Wilkins. As imaxes de difracción de raios X tomadas por Rosalind Franklin (xa falecida no ano de entrega do premio) foron fundamentais para este descubrimento, aínda que no seu momento a valía da investigadora non foi recoñecida.
30 de outubro de 2025
O electrón estaba aí
O alumnado de 3º ESO observa un feixe de raios catódicos nunha recreación sinxela, no laboratorio, do experimento de Thomson (1897) que o levou ao descubrimento da primeira partícula elemental: o electrón. A desviación do feixe cara abaixo débese a que é unha partícula con carga negativa e interactúa co imán que atopa no seu camiño.



















