Gústache a Química, digo a Chemistry? Podes ver a Táboa Periódica en 3D neste enlace, coas propiedades de cada elemento (in english, of course).
8 de decembro de 2020
Táboa Periódica en 3D
16 de novembro de 2020
FQ4- Que factores aceleran unha reacción química?
Combustión de fariña a cámara lenta (imaxe de Ana C.). A pulverización do reactivo favorece a reacción.
(Non se debe facer sen a supervisión dun adulto)
14 de novembro de 2020
BX3º-Esencia de amorodo
A linguaxe da vida é universal e os constituíntes básicos son os mesmos nun amorodo e en nós mesmos. Así que en 3º de ESO extraemos o ADN duns amorodos, un longo fío enroscado formado por moléculas (bases) unidas en parellas: timina-adenina, citosina-guanina; e así todo, repetíndose millóns de veces. Como teñen moito ADN similar (xa que levan oito copias en lugar das dúas dos humanos), sóense usar para estas cousas.
O primeiro é ter amorodos (quen preguntaba de que valía o que estudiabamos para ir, por exemplo, á froitaría?), desengraxante, alcol e sal.Botamos un pouco de desengraxante en auga e engadimos sal.
O desengraxante disolve as membranas da célula e do núcleo, que son de lípidos (de graxa, para entendernos), e libera o ADN. O sal sepárao das proteínas ao redor das que vai enrolado. Engadimos a mestura ao puré de amorodos que fixemos antes con forza bruta e coámolo con papel de filtro. A esta mestura resultante botámoslle un pouco de alcol frío, para reter o ADN sen que se disolva. E o que sae de aí son uns fíos pequenos e brancos de ácido desoxirribonucleico, o xerme da vida.
25 de outubro de 2020
4º ESO - Lecturas para rumiar
El dragón en el garaje
BX3-Como se descubriu a estrutura do ADN?
19 de setembro de 2020
Ciencia e o que non o é
A ciencia leva moitos anos tratando de pescudar a Natureza. Non é fácil e aínda queda moito por saber.
Os científicos/as traballan arreo para descubrir novos medicamentos que curen, novos produtos químicos ou novas leis que expliquen o universo. Pero o que descubren debe pasar un filtro moi esixente: as probas ou os experimentos que determinan se funciona ou non. Así que non se trata de crer ou non crer, senón de comprobar.
Súmate ao pensamento crítico e non sexas magufo/a.
Infórmate máis