Os humanos levamos máis de 100 anos emitindo sinais de radio (Marconi
foi o primeiro que logrou mandar mensaxes a través do Atlántico en
1901). Posto que estan ondas viaxan á velocidade da luz (c=300000 km/s)
polo espazo, a estas alturas terán chegado a unha distancia duns 114 anos-luz,
unha pequena esferiña duns 9,5 billóns de quilómetros. Se cres que é
moito, mira a imaxe. O circuliño azul (abaixo, á dereita) representa
unha esfera de 200 anos-luz centrada na Terra, dentro da Vía Láctea. E
hai miles de millóns de galaxias como esta no Universo... Se houbese
vida intelixente aí fóra, a noticia de que estamos aquí só chegaría ata a
metade dese circuliño, afortunadamente para eles.
26 de novembro de 2016
Insignificantes
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario