Arquímedes fixo moitos descubrimentos. Un dos que máis orgulloso estaba era a demostración de que o volume dunha esfera inscrita nun cilindro é 2/3 o deste.
O premio Nobel de Física 2026 foi para o belga Francis Halzen por contribuír á observación de neutrinos de alta enerxía desde o observatorio IceCube da Antártida. Estas partículas, propostas por W. Pauli en 1930 e moi lixeiras, apenas interaccionan coa materia, polo que son moi difíciles de detectar. Así, por cada centímetro cadrado do teu corpo pasan billóns de neutrinos provenientes do espazo cada segundo, sen que notes nada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario