26 de marzo de 2024

Concurso Arquimedianos21 (8ª edición)

 

Gústanche os retos matemáticos? Se a resposta é si, aquí tes unha oportunidade para lucirte.
                                                                                                        
         CONCURSO ARQUIMEDIANOS21 (8ª edición)                  
Normas:
  •  Poderá participar calquera alumno/a de 3º ou 4º ESO.
  • Os alumnos/as que queiran participar deberán resolver 4 retos matemáticos.
  • Os retos publicaranse no blog cada fin de semana a partir do 6 de abril.
  • A solución de cada reto, razoada e calculada, deberá entregarse por escrito ao profesor o venres da correspondente semana. A puntuación de cada reto será de 0 a 100 puntos. A puntuación mínima por participar será de 15 puntos por exercicio presentado.
  • O profesor resolverá o problema na semana seguinte á súa proposta.
  • O gañador/a será o que teña maior puntuación en cada clase, cun mínimo de 150 puntos. En caso de empate, repartirase o premio.
                                          PREMIO PARA O GAÑADOR/A

24 de febreiro de 2024

3 de febreiro de 2024

1 de febreiro de 2024

Grupos sanguíneos en 4º ESO

Todos coñecemos o sistema AB0 de grupos sanguíneos: podemos ser A, B, AB ou 0. Isto débese a certas proteínas (antíxenos) que poden ter os glóbulos vermellos. Así, os do grupo A teñen antíxeno A; os do B, antíxeno B; os do AB, A e B; e os do grupo 0, ningún. Ademais, no plasma pode haber outras proteínas (anticorpos) que atacan a certos antíxenos e producen aglutinación dos glóbulos vermellos. Por exemplo, o sangue A ten anticorpos anti-B, polo que destrúe os antíxenos B. Aparte, tamén hai outras proteínas (o factor Rh) que podemos ter ou non (Rh+ e Rh-, respectivamente).

No laboratorio averiguamos os grupos pinchándonos nun dedo e botando 4 gotiñas de sangue nun acetato. Nunha engadimos reactivo anti-A, noutra anti-B, noutra anti-A e anti-B e, na última, anti D (anti-Rh). Segundo se producise ou non aglutinación, puidemos deducir de que grupo se trataba. Velaí unha foto das axudantes:


2 de xaneiro de 2024