4 de febreiro de 2019

Planeta Cíes en 3º ESO


Os alumnos de 3º de ESO acudiron o día 31 de xaneiro, xunto con outros centros da cidade, á presentación, no auditorio Mar de Vigo, do proxecto “Planeta Cíes”, que tenta promover a candidatura das illas como Patrimonio da Humanidade.
O proxecto trata de que os rapaces aprendan o valor natural e cultural das illas, para o cal terán que traballar varias unidades didácticas, participar nun concurso en liña e facer unha pequena peza audiovisual na que se defenda a candidatura.
E xa gañaron unha visita ás illas só por participar.

2 de xaneiro de 2019

A sonda New Horizons chega a Ultima Thule

Datos xerais:
  • Lanzamento da sonda: 19 de xaneiro de 2006
  • Chegada a Plutón: xullo de 2015
  • Chegada a Ultima Thule: xaneiro de 2019
  • A que distancia de Ultima Thule pasa a sonda ?: a uns 3500 km
  • Que é Ultima Thule?: Un corpo xeado do Cinto de Kuiper a uns 6400 millóns de quilómetros da Terra.
  • Canto tardan as imaxes da sonda en chegar a nós?: Posto que son ondas de radio que van á velocidade da luz (300000 km/s), unhas 6 horas.

6 de decembro de 2018

FQ4-As Leis de Kepler


Mira este vídeo y responde las preguntas:
  • ¿Cómo son las órbitas de los planetas alrededor del Sol?
  • ¿Es constante la velocidad orbital de los planetas?¿Por qué?
  • ¿Es cierto que cuanto más alejado del Sol está un planeta más tiempo tarda en recorrer su órbita?¿Por qué?

6 de maio de 2018

Concurso Arquimedianos

Gañadores da 3ª edición
  • 3º E.S.O. : Uxía Rodríguez - Puntuación:  28,5/40
  • 4º E.S.O.: Jon Rivas - Puntuación: 37,5/40
Parabéns a eles e grazas a todos os participantes. A entrega de premios farase o 9 de maio de 2018.

2 de maio de 2018

BX3 - O enterno presente

Clica aquí, mira este vídeo e contesta as preguntas:
  • Por que este home non ten memoria?
  • Quen era o vello que ía á fiestra da casa do home?
  • Acórdase de que falou co psicólogo?
  • É consciente de que ás veces fala alemán?
  • Que pasa coa consciencia de ser nós mesmos se desparece a memoria?