No Día de Portas Abertas, os alumnos de E.S.O. amosaron ós peques algunhas pequenas pingas de ciencia, divertidas e fáciles de entender. Aquí tedes ós nosos maiores preparando as súas presentacións. Parabéns a eles e grazas a tódolos visitantes.
Na semana das Letras Galegas, o departamento de ciencias preparou uns sinxelos experimentos no laboratorio para achegar a ciencia ós alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria. Como o tema xeral deste ano, dedicado a Carlos Casares, é "O principiño", os rapaces aprenderon como son os volcáns e por que entran en erupción.
Gañadores
Alba (4º) e Jon (3º).
Premio: un vale de 15 € para cada un para gastar en Casa del libro. Finalistas (por orde de puntuación, de máis a menos) Diego, Ibrahim, Eva e Uxía C.
Premio: libro sobre ciencia para compartir. PARABÉNS A TODOS!
3.1.-
Escribimos no encerado varios enteiros positivos distintos. O produto
dos dous menores é 16 e o dos dous maiores, 225. Canto suman tódolos
números que escribimos?
3.2.-ABCD é un cadrado e BFC un triángulo equilátero. Canto mide o ángulo ADF?
3º ESO: Mario ten unha clave de acceso a unha conta de 4 díxitos. Sabe que os 4 díxitos suman 9, que ningún deles é 0 e que o número é múltiplo de 5. Ademais, o número é maior que 1555. Que número é?
_________________________________________________
4º ESO: Que parellas de números enteiros positivos a e b satisfán que a2 - b2=15 ?
A sonda espacial Voyager 1, lanzada en 1977, é o obxecto humano máis lonxano que existe. A NASA calcula que o 18 de novembro de 2026 acadará a distancia de 1 día-luz, é dicir, que as ondas de radio que nos chegan dela tardan un día en chegar á Terra, viaxando a 300000 km por segundo (percorren uns 26000 millóns de km). Para poder escoitar este sinal tan débil, os observatorios da Terra contan con enormes antenas parabólicas.