Aquí tedes a parte do alumnado de 4º ESO despois de tentar obter ADN da saliva no laboratorio do colexio. Moito traballo para conseguir unhas pequenas febras brancas no medio dun líquido acuoso. Pero aí estaba: a base da vida na Terra.
2 de decembro de 2025
Saliva con premio
15 de novembro de 2025
Descargas 4º
- Matemáticas B: Trigonometría
- Bioloxía e Xeoloxía: Xenética mendeliana , Leis de Mendel
- Física e Química: Estequiometría, disolucións, gases ideais.
11 de novembro de 2025
Bebe o zume que lle van as vitaminas
O alumnado de 3º e 4º ESO asistiu a unha charla da tecnóloga dos alimentos Eva Covelo sobre a importancia do que comemos. O azucre, os mitos da alimentación ou como entender unha etiqueta foron algúns dos temas tratados. Xa, despois, nós decidimos, pero primeiro cómpre estar informados, non si?
8 de novembro de 2025
Morre James Watson
Morre J. Watson, un dos descubridores, en 1953, da estrutura de dobre hélice do ADN. Este descubrimento, un fito na Bioloxía, foi publicado na revista Nature en abril dese ano e valeulle o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1962, xunto con F. Crick e M. Wilkins. As imaxes de difracción de raios X tomadas por Rosalind Franklin (xa falecida no ano de entrega do premio) foron fundamentais para este descubrimento, aínda que no seu momento a valía da investigadora non foi recoñecida.
30 de outubro de 2025
O electrón estaba aí
O alumnado de 3º ESO observa un feixe de raios catódicos nunha recreación sinxela, no laboratorio, do experimento de Thomson (1897) que o levou ao descubrimento da primeira partícula elemental: o electrón. A desviación do feixe cara abaixo débese a que é unha partícula con carga negativa e interactúa co imán que atopa no seu camiño.
26 de setembro de 2025
Descarga boletíns pendentes 3º ESO
7 de setembro de 2025
Decargas 3º e 4º
31 de maio de 2025
Descargas 3º e 4º
- BX3º: Saúde e enfermidade
- FQ4º: Traballo e calor
17 de maio de 2025
Xa temos gañadora do concurso!
A gañadora da 9ª edición do concurso de Matemáticas Arquimedianos21 é:
I. M. L., con 295 puntos
Parabéns e desfruta o premio.
10 de maio de 2025
Concurso Arquimedianos21 - Problema 4 (e último)
PROBLEMA 4 (e último)
Polo exterior dun triángulo equilátero como o da imaxe desprazamos, xirando, unha moeda de 1 cm de radio cun buraco no centro e imos pintanto, cun rotulador vermello coa punta nese buraco, a figura que rodea ao triángulo. Cal será a área do interior desa figura?
9 de maio de 2025
Descarga 4º
Física e Química 4º: Traballo e enerxía
3 de maio de 2025
Concurso Arquimedianos21 - Problema 3
PROBLEMA 3
Calcular canto vale o número natural "n" se n+1045 é un cadrado perfecto e n+1118 é o cadrado perfecto do número consecutivo.
26 de abril de 2025
Concurso Arquimedianos21 - Problema 2
PROBLEMA 2
Canto vale a área da zona marcada en verde no triángulo equilátero da figura se cada anaco de circunferencia se traza co compás no vértice do triángulo e pasa polo punto medio dos lados?
19 de abril de 2025
Concurso Arquimedianos21 - Problema 1
PROBLEMA 1
Se x+y=5 e x2+y2=20, canto vale x4+y4?
13 de abril de 2025
Descargas 3º e 4º
10 de abril de 2025
Concurso de Matemáticas Arquimedianos21 (9ª edición)
Gústanche os retos matemáticos? Se a resposta é si, aquí tes unha oportunidade para lucirte.
- Poderá participar calquera alumno/a de 4º ESO, só ou en grupo.
- Os alumnos/as que queiran participar deberán resolver 4 retos matemáticos.
- Os retos publicaranse no blog cada fin de semana a partir do 20 de abril.
- A solución de cada reto, razoada e calculada, deberá entregarse por escrito ao profesor o venres da correspondente semana. A puntuación de cada reto será de 0 a 100 puntos. A puntuación mínima por participar será de 15 puntos por exercicio presentado.
- O profesor resolverá o problema na semana seguinte á súa proposta.
- O gañador/a será o que teña maior puntuación en cada clase, cun mínimo de 150 puntos. En caso de empate, repartirase o premio.
11 de marzo de 2025
E ti, de que grupo es?
Aquí tedes ao alumnado de 4º ESO averiguando, no laboratorio, o seu grupo sanguíneo: A, B, AB ou 0 e Rh+ ou Rh-. O uso dos reactivos anti-A, anti-B e anti-D, mesturados cunha pinga de sangue, permitiu determinar o grupo 0+ no sangue dunha alumna, tal e como se ve na imaxe, na que só aglutinan os glóbulos vermellos co anticorpo anti-D, que é o que determina o factor Rh.
15 de febreiro de 2025
Decargas 3º e 4º
- BX 4º ESO: A evolución das especies
- BX 3º ESO: Os sistemas nervioso e endócrino
- FQ 4º ESO: Dinámica 1, Dinámica 2, Gravitación
- Mat. 4º ESO: Funcións reais de variable real
26 de xaneiro de 2025
Descarga 4º
Física e química: Exercicios de Cinemática
4 de xaneiro de 2025
Descargas 3º e 4º
- Bioloxía e xeoloxía 3º: Anatomía do corazón
- Física e química 4º: Tema introdutorio













