24 de febreiro de 2024

3 de febreiro de 2024

1 de febreiro de 2024

Grupos sanguíneos en 4º ESO

Todos coñecemos o sistema AB0 de grupos sanguíneos: podemos ser A, B, AB ou 0. Isto débese a certas proteínas (antíxenos) que poden ter os glóbulos vermellos. Así, os do grupo A teñen antíxeno A; os do B, antíxeno B; os do AB, A e B; e os do grupo 0, ningún. Ademais, no plasma pode haber outras proteínas (anticorpos) que atacan a certos antíxenos e producen aglutinación dos glóbulos vermellos. Por exemplo, o sangue A ten anticorpos anti-B, polo que destrúe os antíxenos B. Aparte, tamén hai outras proteínas (o factor Rh) que podemos ter ou non (Rh+ e Rh-, respectivamente).

No laboratorio averiguamos os grupos pinchándonos nun dedo e botando 4 gotiñas de sangue nun acetato. Nunha engadimos reactivo anti-A, noutra anti-B, noutra anti-A e anti-B e, na última, anti D (anti-Rh). Segundo se producise ou non aglutinación, puidemos deducir de que grupo se trataba. Velaí unha foto das axudantes: