12 de outubro de 2023

10 de setembro de 2023

Descargas 3º/4º

17 de maio de 2023

17 de maio - Día da ciencia en galego

  1. Osíxeno ou oxíxeno?
  2. Platino ou pratino?
  3. Xofre ou sofre?
  4. Radon ou radón?
  5. Astato ou ástato?
  6. Estano ou estaño?
  7. Plata ou prata?
  8. Chumbo ou plomo?
  9. Silicio ou Xilicio? (se dis Sicilio, entón xa...)
  10. Neón ou neon?

CONSULTA A TÁBOA PERIÓDICA EN GALEGO e conta os acertos:

  • 1-3 acertos: ti es de Sangenjo ou Rianjo e vas á festa do pulpo de El Roblecito.
  • 4-6 acertos: de pequeno/a sentabas no colo da abuela e contábache o conto de Caperucita. 
  • 7-9 acertos: non se sabe se sobes ou baixas. Vas camiño de ser galego/a.
  • 10 acertos: ti miras o Sol e ves ISTO.

 

29 de abril de 2023

Concurso Arquimedianos21

Xa temos gañadora do concurso Arquimedianos21:  X. G. M.

Parabéns e que goce do libro. E grazas a todos/as os que participaron.

21 de abril de 2023

Problema 4 - Concurso Arquimedianos21

Problema 4

3º e 4º ESO

Na figura, as circunferencias grandes son tanxentes entre si e tanxentes, tamén, ás pequenas. O cadrado vermello ten os vértices nos centros das circunferencias. Se as circunferencias pequenas teñen un radio de 2 cm, cal é o radio das grandes?
 

15 de abril de 2023

Descargar

Problema 3 - Concurso Arquimedianos21

Problema 3

3º e 4º ESO

Unha secuencia de Shonk é unha serie finita de números enteiros, estritamente crecente, cuxo produto é un cadrado perfecto.

Por exemplo: [2, 5, 10], xa que é estritamente crecente (cada nº é maior que o anterior) e o produto: 2·5·10=100, que é un cadrado perfecto, xa que 100 é 10 ao cadrado.

Na secuencia de Shonk: [10, x, y, 66], canto valen x e y?

1 de abril de 2023

Problema 2 - Concurso Arquimedianos21

Problema 2

3º e 4º ESO

Calcular que números naturais, x e y, son solucións da ecuación: 

 

 (Non vale utilizar o algoritmo de forza bruta, é dicir, probar ata que dea)

25 de marzo de 2023

Problema 1 - Concurso Arquimedianos21

Problema 1

3º e 4º ESO

Na figura, o hexágono regular ten 10 cm de lado e o centro de cada arco é un vértice do hexágono. Cal é a área da parte coloreada en azul?

22 de marzo de 2023

Concurso Arquimedianos21 (7ª edición)


Gústanche os retos? E as matemáticas? Se a resposta é si ás dúas preguntas, aquí tes unha oportunidade para lucirte.
                                                                                                        
         CONCURSO ARQUIMEDIANOS21 (7ª edición)                  
Normas:
  •  Poderá participar calquera alumno/a de 3º ou 4º ESO.
  • Os alumnos/as que queiran participar deberán resolver 4 retos matemáticos.
  • Os retos publicaranse no blog cada fin de semana a partir do 26 de marzo.
  • A solución de cada reto, razoada e calculada, deberá entregarse por escrito ao profesor o venres da correspondente semana. A puntuación de cada reto será de 0 a 100 puntos.
  • O profesor resolverá o problema na semana seguinte á súa proposta.
  • O gañador/a será o que teña maior puntuación, cun mínimo de 150 puntos. En caso de empate, repartirase o premio.
PREMIO PARA O GAÑADOR/A !