27 de marzo de 2022

Concurso Arquimedianos21 (6ª edición)

Gústanche os retos? E as matemáticas? Se a resposta é si ás dúas preguntas, aquí tes unha oportunidade para lucirte.
                                                                                                        
         CONCURSO ARQUIMEDIANOS21 (6ª edición)                  
Normas:
  •  Poderá participar calquera alumno/a de 3º ou 4º ESO.
  • Os alumnos/as que queiran participar deberán resolver 4 retos matemáticos.
  • Os retos publicaranse no blog cada fin de semana a partir do 2 de abril.
  • A solución de cada reto, razoada e calculada, deberá entregarse por escrito ao profesor o venres da correspondente semana. A puntuación de cada reto será de 0 a 100 puntos.
  • O profesor resolverá o problema na semana seguinte á súa proposta.
  • O gañador/a será o que teña maior puntuación, cun mínimo de 150 puntos. En caso de empate, repartirase o premio.
                              PREMIO PARA O GAÑADOR/A!!