Unha cabra como a da figura está atada cunha corda de 2 m a unha leira, de xeito que a corda pode deslizarse polo arame que a limita (tamén pode moverse polo interior desta leira). Cal é a área da zona na que pode pastar a cabra?
A sonda Solar Parker, lanzada pola NASA en 2018, achegouse a 6,1 millóns de km do Sol, a maior aproximación acadada pola tecnoloxía humana ata o de agora. A esa distancia, mergullada xa na atmosfera solar, tivo que soportar temperaturas de 1 400 ºC e intensísimas radiacións.