Os lados dos cadrados da figura miden 1 cm. Cal é a área da parte sombreada?
4º E.S.O.
Sobre o hexágono regular da figura, de lado 1 cm, roda un círculo de diámetro 1 cm. Que lonxitude ten a traxectoria descrita polo centro do círculo ao facer un xiro completo ao redor do hexágono?
AXUDA: facer un modelo en cartón do hexágono e do círculo e estudar a figura que describe o centro do círculo ao xirar.
A sonda Solar Parker, lanzada pola NASA en 2018, achegouse a 6,1 millóns de km do Sol, a maior aproximación acadada pola tecnoloxía humana ata o de agora. A esa distancia, mergullada xa na atmosfera solar, tivo que soportar temperaturas de 1 400 ºC e intensísimas radiacións.