No Día de Portas Abertas, os alumnos de E.S.O. amosaron ós peques algunhas pequenas pingas de ciencia, divertidas e fáciles de entender. Aquí tedes ós nosos maiores preparando as súas presentacións. Parabéns a eles e grazas a tódolos visitantes.
A sonda Solar Parker, lanzada pola NASA en 2018, achegouse a 6,1 millóns de km do Sol, a maior aproximación acadada pola tecnoloxía humana ata o de agora. A esa distancia, mergullada xa na atmosfera solar, tivo que soportar temperaturas de 1 400 ºC e intensísimas radiacións.