14 de outubro de 2017
FQ3 - Gases ideais
Visita esta páxina e aprende as leis dos gases ideais (Boyle, Charles e Gay-Lussac) e a teoría cinética.
Etiquetas:
Actividades,
Química
26 de xuño de 2017
Benvidos ó curso 2017-18
Sabes quen é?
- Se o sabes, parabéns: sabes máis cá maioría dos rapaces da túa idade.
- Non, pero gustaríame sabelo (clica AQUÍ)
- Nin o sei nin me importa (clica AQUÍ)
10 de xuño de 2017
Pingas de ciencia
No Día de Portas Abertas, os alumnos de E.S.O. amosaron ós peques algunhas pequenas pingas de ciencia, divertidas e fáciles de entender. Aquí tedes ós nosos maiores preparando as súas presentacións. Parabéns a eles e grazas a tódolos visitantes.
11 de maio de 2017
Semana das Letras Galegas
Na semana das Letras Galegas, o departamento de ciencias preparou uns sinxelos experimentos no laboratorio para achegar a ciencia ós alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria. Como o tema xeral deste ano, dedicado a Carlos Casares, é "O principiño", os rapaces aprenderon como son os volcáns e por que entran en erupción.
Etiquetas:
Actividades,
Xeoloxía
13 de abril de 2017
Concurso Arquimedianos
Gañadores
Alba (4º) e Jon (3º).
Premio: un vale de 15 € para cada un para gastar en Casa del libro.
Finalistas (por orde de puntuación, de máis a menos)
Diego, Ibrahim, Eva e Uxía C.
Premio: libro sobre ciencia para compartir.
PARABÉNS A TODOS!
Alba (4º) e Jon (3º).
Premio: un vale de 15 € para cada un para gastar en Casa del libro.
Finalistas (por orde de puntuación, de máis a menos)
Diego, Ibrahim, Eva e Uxía C.
Premio: libro sobre ciencia para compartir.
PARABÉNS A TODOS!
Etiquetas:
Actividades,
Matemáticas
26 de marzo de 2017
Concurso Arquimedianos
Problema 4
Cal é a expresión alxébrica da área da figura azul?
Cal é a expresión alxébrica da área da figura azul?
Etiquetas:
Actividades,
Matemáticas
19 de marzo de 2017
Concurso Arquimedianos
Problemas 3 (cada un vale o 50 % do total)
3.1.-
Escribimos no encerado varios enteiros positivos distintos. O produto
dos dous menores é 16 e o dos dous maiores, 225. Canto suman tódolos
números que escribimos?
3.2.- ABCD é un cadrado e BFC un triángulo equilátero. Canto mide o ángulo ADF?
Etiquetas:
Actividades,
Matemáticas
12 de marzo de 2017
Concurso Arquimedianos
Problema 2
4º ESO: Que parellas de números enteiros positivos a e b satisfán que a2 - b2=15 ?
Pista: identidade notable
3º ESO: Mario ten unha clave de acceso a unha conta de 4 díxitos. Sabe que os 4 díxitos suman 9, que ningún deles é 0 e que o número é múltiplo de 5. Ademais, o número é maior que 1555. Que número é?
_________________________________________________4º ESO: Que parellas de números enteiros positivos a e b satisfán que a2 - b2=15 ?
Pista: identidade notable
Etiquetas:
Actividades,
Matemáticas
5 de marzo de 2017
Concurso Arquimedianos
Problema 1
Pista: principio do pombal ou de Dirichlet.
Xustificar que se nun triángulo equilátero de 2 cm de lado debuxamos 5 puntos (en calquera posición, no interior ou nos bordos), como mínimo 2 deles estarán a 1 cm ou menos de distancia.
Pista: principio do pombal ou de Dirichlet.
Etiquetas:
Actividades,
Matemáticas
28 de xaneiro de 2017
BX4-Mutacións raras: a síndrome de Proteus
Etiquetas:
Actividades,
Bioloxía
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)