Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións. Amosar todas as publicacións

17 de maio de 2023

17 de maio - Día da ciencia en galego

  1. Osíxeno ou oxíxeno?
  2. Platino ou pratino?
  3. Xofre ou sofre?
  4. Radon ou radón?
  5. Astato ou ástato?
  6. Estano ou estaño?
  7. Plata ou prata?
  8. Chumbo ou plomo?
  9. Silicio ou Xilicio? (se dis Sicilio, entón xa...)
  10. Neón ou neon?

CONSULTA A TÁBOA PERIÓDICA EN GALEGO e conta os acertos:

  • 1-3 acertos: ti es de Sangenjo ou Rianjo e vas á festa do pulpo de El Roblecito.
  • 4-6 acertos: de pequeno/a sentabas no colo da abuela e contábache o conto de Caperucita. 
  • 7-9 acertos: non se sabe se sobes ou baixas. Vas camiño de ser galego/a.
  • 10 acertos: ti miras o Sol e ves ISTO.

 

17 de maio de 2022

17 de maio - Día da ciencia en galego

  1. Osíxeno ou oxíxeno?
  2. Platino ou pratino?
  3. Xofre ou sofre?
  4. Radon ou radón?
  5. Astato ou ástato?
  6. Estano ou estaño?
  7. Plata ou prata?
  8. Chumbo ou plomo?
  9. Silicio ou Xilicio?
  10. Neón ou neon?

CONSULTA A TÁBOA PERIÓDICA EN GALEGO e conta os acertos:

  • 1-3 acertos: ti es de Sangenjo ou Rianjo e vas á festa do pulpo de El Roblecito.
  • 4-6 acertos: de pequeno/a sentabas no colo da abuela e contábache o conto de Caperucita. 
  • 7-9 acertos: non se sabe se sobes ou baixas. Vas camiño de ser galego/a.
  • 10 acertos: ti es máis galego que o Luar. 

15 de setembro de 2021

Comezamos

" - Sábete, Sancho, que no es un hombre más que otro, si no hace más que otro."

                                   Don Quijote de La Mancha (cap. XVIII)

 

BENVIDOS/AS AO CURSO 2021-22


7 de abril de 2021

14 de marzo de 2021

6 cousas de π que igual non sabías

  •  Hoxe, domingo 14 de marzo (mes 3), celébrase o seu día (lembra: π=3,14...).
  •  π é un número irracional, o que quere dicir que non se pode expresar como cociente (fracción)  de dous números enteiros (ten infinitos decimais non periódicos).
  • É un número trascendente: non é solución de ningunha ecuación alxébrica de coeficientes enteiros.
  • O perímetro da circunderencia é  π veces o seu diámetro.
  • O número π é coñecido desde hai miles de anos. No século III a. C, Arquímedes calculou a seguinte aproximación: 223/71<π<220/70
  • Mediante algoritmos informáticos, a día de hoxe calculáronse máis de 30 billóns de decimais de π.

 

13 de febreiro de 2020

11 de febreiro - Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

A imaxe por difracción de raios X da molécula de ADN, obtida por Rosalind Franklin, permitiu a Watson e Crick deducir a súa estrutura de dobre hélice en 1953. Porén, a contribución de Rosalind pasou case desapercibida, xa que Wilkins, colega seu, enviou a imaxe a Watson e Crick sen o permiso da investigadora, e só en 1962, cando o tres científicos recibiron o Premio Nobel, Wilkins fixo referencia ao traballo de Rosalind. Por certo, esta xa morrera en 1958 dun cancro de ovarios, debido, quizais, á radiación á que estivera sometida durante os seus estudos.


Fotografía 51 de Rosalind Franklin

18 de maio de 2019

17 de maio

Estrelas invitadas:
  • Carbono, como non metal de Z=6
  • Iodo, como non metal de Z=53
  • Nitróxeno, como non metal de Z=7
  • Arsénico, como non metal de Z=33
  • Galio, como metal de Z=31
  • Xofre, como non metal de Z=16