- Que é? Un telescopio fabricado pola NASA, ESA e CSA, que foi lanzado o día de Nadal de 2021 desde La Guyane française (unha zona costeira preto do Ecuador. A razón de que se lance desde aquí é que o foguete recibe un pulo adicional polo movemento de rotación terrestre e, ao despegar cara ao leste, redúcense os riscos en caso de caída, xa que o faría sobre o océano Atlántico) e que se situará a uns 1,5 millóns de km da Terra, no punto 2 de Lagrange, oposto ao Sol.
- Por que é importante? Porque vai observar o Universo no rango do infravermello (mira a imaxe 1), o que lle permitirá ver as primeiras estrelas e galaxias que se formaron hai máis de 13 000 millóns de anos. Tamén estudará exoplanetas (planetas de fóra do noso Sistema Solar) e os planetas do noso propio sistema.
- Como é? O telescopio está formado por un espello primario de 18 paneis hexagonais (que vai pregado) e que se abrirá uns 13 días despois do lanzamento, cando o escudo protector estea operativo. Os espellos deben protexerse da calor do Sol para poder detectar a luz infravermella e, para elo, o telescopio conta cun escudo térmico de cinco capas que mantén a súa temperatura a uns -233 ºC. Deste xeito, poderá estudar obxectos que non podía observar o telescopio espacial Hubble. (O seu antecesor, lanzado en 1990.)
Amosando publicacións coa etiqueta Tecnoloxía b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tecnoloxía b>. Amosar todas as publicacións
27 de decembro de 2021
O telescopio espacial James Webb
Etiquetas:
Astronomía,
Bioloxía,
Física,
Química,
Tecnoloxía,
Xeoloxía
16 de novembro de 2020
FQ4- Que factores aceleran unha reacción química?
Combustión de fariña a cámara lenta (imaxe de Ana C.). A pulverización do reactivo favorece a reacción.
(Non se debe facer sen a supervisión dun adulto)
Etiquetas:
Química,
Tecnoloxía
2 de xaneiro de 2019
A sonda New Horizons chega a Ultima Thule
- Lanzamento da sonda: 19 de xaneiro de 2006
- Chegada a Plutón: xullo de 2015
- Chegada a Ultima Thule: xaneiro de 2019
- A que distancia de Ultima Thule pasa a sonda ?: a uns 3500 km
- Que é Ultima Thule?: Un corpo xeado do Cinto de Kuiper a uns 6400 millóns de quilómetros da Terra.
- Canto tardan as imaxes da sonda en chegar a nós?: Posto que son ondas de radio que van á velocidade da luz (300000 km/s), unhas 6 horas.
Etiquetas:
Astronomía,
Física,
Química,
Tecnoloxía,
Varios
14 de febreiro de 2016
Escoitando o universo
O pasado 14 de setembro de 2015 detectáronse por primeira vez de forma directa ondas gravitacionais.
- Que son?: si botamos unha pedra nun estanque prodúcese unha perturbación que se propaga desde a pedra en forma de círculos. Se estívesemos moi lonxe da pedra, esta perturbación case non se notaría. Pois ben, no espazotempo tamén se pode producir esa perturbación. O que sucede é que se estamos moi lonxe do foco as ondas chegan moi atenuadas, de xeito que é moi difícil detectalas.
- Por que se producen?: calquera corpo pode producilas, pero para que sexan de suficiente intensidade ten que ter moita masa. Neste caso, debeuse a un choque entre dous buracos negros, de 26 e 39 veces a masa do Sol. Ó fusionarense, emitiron unha enerxía equivalente a tres veces a masa solar.
- Cando sucedeu isto?: hai uns 1300 millóns de anos, aínda que as ondas, pola distancia ó lugar da colisión, chegaron agora ó noso planeta.
- Onde se detectaron?: no observatorio LIGO, en Estados Unidos, que permite detectar cambios de lonxitudes da milésima parte do radio dun protón (é dicir, sobre 10-18 metros = 1 mil billonésima de mm)
- Por que son tan importantes?: porque proban, unha vez máis, que a Teoría da Relatividade de Einstein é correcta e porque permiten estudar o universo dunha forma nova. Ata agora só dispoñíamos da luz que nos chegaba das estrelas e galaxias para saber como eran. Agora dispoñemos dun sistema que nos permitirá estudar fenómenos como a colisión de buracos negros ou o Big Bang.
Etiquetas:
Astronomía,
Física,
Tecnoloxía
1 de xuño de 2015
Tecnoloxía da avoa
Aquí tedes algunhas fotos da exposición de tecnoloxía antiga que preparou o departamento para o Día de Portas Abertas. Grazas a tódolos profesores e alumnos que colaboraron.
.

Etiquetas:
Actividades,
Tecnoloxía
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)