18 de xuño de 2019

Combustión de po

 Combustión de fariña a cámara lenta (vídeo cortesía de Ana C.)
Non debedes facelo sen supervisión dun adulto.

18 de maio de 2019

17 de maio

Estrelas invitadas:
  • Carbono, como non metal de Z=6
  • Iodo, como non metal de Z=53
  • Nitróxeno, como non metal de Z=7
  • Arsénico, como non metal de Z=33
  • Galio, como metal de Z=31
  • Xofre, como non metal de Z=16

15 de maio de 2019

Gañadoras Concurso Arquimedianos

Xa temos gañadoras do concurso Arquimedianos:
  • 3º ESO: Delia
  • 4º ESO: Uxía
Parabéns a elas e grazas a todas as que participaron.

4 de maio de 2019

Concurso Arquimedianos - Problema 4

3º e 4º ESO
Unha cabra como a da figura está atada cunha corda de 2 m a unha leira, de xeito que a corda pode deslizarse polo arame que a limita (tamén pode moverse polo interior desta leira). Cal é a área da zona na que pode pastar a cabra?

27 de abril de 2019

Concurso Arquimedianos - Problema 3

3º e 4º ESO
O cadrado ABCD ten de área 144 centímetros cadrados. Está dividido en cinco partes de igual área (os catro cadrados e a figura en forma de L, en verde). Calcular a medida do ancho deste L, x.
 

13 de abril de 2019

Concurso Arquimedianos - Problema 2

3º e 4º ESO
Tiña escrito un número de 5 cifras pero, desgraciadamente, caeume un borrancho de tinta sobre as tres últimas. O número comezaba por 86 e lembro que:
  • Era divisible entre 3, 4 e 5.
  • Todas as cifras eran diferentes.
  • Empezando pola esquerda, as cifras ían sempre decrecendo.
  • Non era divisible entre 9.
Que número era?

6 de abril de 2019

Concurso Arquimedianos - Problema 1

3º ESO
Calcular o radio do semicírculo laranxa inscrito no triángulo isóscele.
4º ESO
A área da parte laranxa do cadrado ABCD é a metade da do rectángulo. Calcular a lonxitude do segmento x marcado.

28 de marzo de 2019

Concurso Arquimedianos (4ª edición)

Gústanche as matemáticas? Serás algún día como Newton, Gauss, Arquímedes, Euler ou Hilbert? 
                                                                                                        
         CONCURSO ARQUIMEDIANOS (4ª edición)                  
Normas:
  •  Poderá participar calquera alumno/a de 3º ou 4º ESO.
  • Os alumnos/as que queiran participar deberán resolver 4 retos matemáticos.
  • Os retos aparecerán publicados no blog cada fin de semana entre os días 7 de abril e 5 de maio colgaranse os luns correspondentes nos taboleiros das aulas.
  • A solución de cada reto, razoada e calculada, deberá entregarse por escrito ao profesor o venres desa semana. O profesor resolverao na semana seguinte á súa proposta.
  • O  gañador/a será o que resolva correctamente máis retos. En caso de empate, repartirase o premio.
                              PREMIO PARA O GAÑADOR/A!!

24 de marzo de 2019

2019: Ano Internacional da Táboa Periódica

Hai 150 anos, por estas datas, Mendeléiev presentaba a súa táboa periódica:
  • Nela ordenábanse os elementos coñecidos na época (63) segundo o seu peso atómico. 
  • Un elemento é unha substancia formada por átomos e que non se pode descompoñer noutra máis simple por medios químicos.
  • Mendeléiev conseguiu predicir as propiedades de elementos aínda non descubertos cando presentou a súa primeira táboa, en 1869, coma o Galio ou o Xermanio.
  • Actualmente, o sistema periódico consta de 118 elementos ordenados segundo o seu número atómico (número de protóns).
  • Os elementos de cada grupo (vertical) teñen a mesma configuración electrónica na última capa e, polo tanto, propiedades químicas similares.

4 de febreiro de 2019

Planeta Cíes en 3º ESO


Os alumnos de 3º de ESO acudiron o día 31 de xaneiro, xunto con outros centros da cidade, á presentación, no auditorio Mar de Vigo, do proxecto “Planeta Cíes”, que tenta promover a candidatura das illas como Patrimonio da Humanidade.
O proxecto trata de que os rapaces aprendan o valor natural e cultural das illas, para o cal terán que traballar varias unidades didácticas, participar nun concurso en liña e facer unha pequena peza audiovisual na que se defenda a candidatura.
E xa gañaron unha visita ás illas só por participar.

2 de xaneiro de 2019

A sonda New Horizons chega a Ultima Thule

Datos xerais:
  • Lanzamento da sonda: 19 de xaneiro de 2006
  • Chegada a Plutón: xullo de 2015
  • Chegada a Ultima Thule: xaneiro de 2019
  • A que distancia de Ultima Thule pasa a sonda ?: a uns 3500 km
  • Que é Ultima Thule?: Un corpo xeado do Cinto de Kuiper a uns 6400 millóns de quilómetros da Terra.
  • Canto tardan as imaxes da sonda en chegar a nós?: Posto que son ondas de radio que van á velocidade da luz (300000 km/s), unhas 6 horas.