17 de decembro de 2017

FQ4-As leis de Kepler


Mira este vídeo e responde as preguntas:
  • Como son ás órbitas dos planetas ao redor do Sol?
  • É constante a velocidade orbital dos planetas?Por que?
  • É certo que canto máis lonxe do Sol está un planeta máis tempo tarda en percorrer a súa órbita?

11 de novembro de 2017

FQ3 - Os modelos atómicos

Mira el vídeo y responde las preguntas:
  • ¿Quién fue el primero que retomó la idea de átomo a principios del siglo XIX?
  • ¿Quién descubrió el electrón? ¿Cómo se llaman los rayos que, después, se supo que eran electrones?
  • ¿Quién descubrió la existencia del núcleo atómico?
  • ¿Qué modelo describe el átomo como un núcleo positivo y electrones girando en ciertas órbitas de determinada energía?
  • ¿Cómo sube un electrón de una órbita  a otra de más energía?

14 de outubro de 2017

FQ3 - Gases ideais

Visita esta páxina e aprende as leis dos gases ideais (Boyle, Charles e Gay-Lussac) e a teoría cinética.

26 de xuño de 2017

Benvidos ó curso 2017-18

Sabes quen é?
  • Se o sabes, parabéns: sabes máis cá maioría dos rapaces da túa idade.
  • Non, pero gustaríame sabelo (clica AQUÍ)
  • Nin o sei nin me importa (clica AQUÍ)

10 de xuño de 2017

Pingas de ciencia

No Día de Portas Abertas, os alumnos de E.S.O. amosaron ós peques algunhas pequenas pingas de ciencia, divertidas e fáciles de entender. Aquí tedes ós nosos maiores preparando as súas presentacións. Parabéns a eles e grazas a tódolos visitantes.









11 de maio de 2017

Semana das Letras Galegas

Na semana das Letras Galegas, o departamento de ciencias preparou uns sinxelos experimentos no laboratorio para achegar a ciencia ós alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria. Como o tema xeral deste ano, dedicado a Carlos Casares, é "O principiño", os rapaces aprenderon como son os volcáns e por que entran en erupción.






13 de abril de 2017

Concurso Arquimedianos

Gañadores
Alba (4º) e Jon (3º).
Premio: un vale de 15 € para cada un para gastar en Casa del libro.
Finalistas (por orde de puntuación, de máis a menos)
Diego, Ibrahim, Eva e Uxía C.
Premio: libro sobre ciencia para compartir.

PARABÉNS A TODOS!


26 de marzo de 2017

Concurso Arquimedianos

 Problema 4
  Cal é a expresión alxébrica da área da figura azul?

                       

19 de marzo de 2017

Concurso Arquimedianos

Problemas 3 (cada un vale o 50 % do total)

3.1.- Escribimos no encerado varios enteiros positivos distintos. O produto dos dous menores é 16 e o dos dous maiores, 225. Canto suman tódolos números que escribimos?

3.2.- ABCD é un cadrado e BFC un triángulo equilátero. Canto mide o ángulo ADF?
                              

12 de marzo de 2017

Concurso Arquimedianos

Problema 2

3º ESO:           Mario ten unha clave de acceso a unha conta de 4 díxitos. Sabe que os 4 díxitos suman 9, que ningún deles é 0 e que o número é múltiplo de 5. Ademais, o número é maior que 1555. Que número é?
_________________________________________________

4º ESO:          Que parellas de números enteiros positivos a e b  satisfán que a2 - b2=15 ?

Pista: identidade notable

5 de marzo de 2017

Concurso Arquimedianos

Problema 1

Xustificar que se nun triángulo equilátero de 2 cm de lado debuxamos 5 puntos (en calquera posición, no interior ou nos bordos), como mínimo 2 deles estarán a 1 cm ou menos de distancia.

Pista: principio do pombal ou de Dirichlet.
 

28 de xaneiro de 2017

BX4-Mutacións raras: a síndrome de Proteus

                                                      Preme aquí