23 de abril de 2015

Newton e Darwin na Semana do Libro

Durante a semana do libro realizamos distintas actividades no colexio. O departamento Científico-Tecnolóxico tratou de achegar as obras de Newton e Darwin aos alumnos de Primaria. Así, os de 2º de E.S.O. prepararon unha biografía de Newton que presentaron na aula de 6º, co propio personaxe- con mazá e todo- de convidado de luxo. Así mesmo, os alumnos de Bioloxía de 4º E.S.O. falaron de Darwin e a súa obra na clase de 5º de Primaria. Ata o propio Darwin, alí presente, tivo certas dificultades para contestar ás preguntas intelixentísimas dos nenos. Parabéns a todos.
Abaixo, algunhas fotos da exposición de 4º de E.S.O.

4 de abril de 2015

Dimorfismo sexual

As pelves humanas son diferentes se pertencen a un home ou a unha muller. Neste último caso, a pelve é máis redondeada e o diámetro da cavidade pélvica é maior, xa que corresponde á canle do parto pola que ten que saír o bebé. As razóns de que o embarazo humano dure nove meses parecen ser dúas: a cabeza do neno ten o tamaño límite para poder pasar polo buraco da pelve e as súas necesidades enerxéticas xa non poden ser cubertas pola nai. 
1- Arco púbico: no home, V invertido; na muller, U invertido
2- Espiñas ciáticas: máis grandes no home
3- Diámetro da cavidade pélvica: maior na muller
4- Sacro e cóccix: cara atrás na muller