14 de febreiro de 2016

Escoitando o universo

O pasado 14 de setembro de 2015 detectáronse por primeira vez de forma directa ondas gravitacionais.
  • Que son?: si botamos unha pedra nun estanque prodúcese unha perturbación que se propaga desde a pedra en forma de círculos. Se estívesemos moi lonxe da pedra, esta perturbación case non se notaría. Pois ben, no espazotempo tamén se pode producir esa perturbación. O que sucede é que se estamos moi lonxe do foco as ondas chegan moi atenuadas, de xeito que é moi difícil detectalas. 
  • Por que se producen?: calquera corpo pode producilas, pero para que sexan de suficiente intensidade ten que ter moita masa. Neste caso, debeuse a un choque entre dous buracos negros, de 26 e 39 veces a masa do Sol. Ó fusionarense, emitiron unha enerxía equivalente a tres veces a masa solar.
  • Cando sucedeu isto?: hai uns 1300 millóns de anos, aínda que as ondas, pola distancia ó lugar da colisión, chegaron agora ó noso planeta.
  • Onde se detectaron?: no observatorio LIGO, en Estados Unidos, que permite detectar cambios de lonxitudes da milésima parte do radio dun protón (é dicir, sobre 10-18 metros = 1 mil billonésima de mm)
  • Por que son tan importantes?: porque proban, unha vez máis, que a Teoría da Relatividade de Einstein é correcta e porque permiten estudar o universo dunha forma nova. Ata agora só dispoñíamos da luz que nos chegaba das estrelas e galaxias para saber como eran. Agora dispoñemos dun sistema que nos permitirá estudar fenómenos como a colisión de buracos negros ou o Big Bang. 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario