A imaxe por difracción de raios X da molécula de ADN, obtida por Rosalind Franklin, permitiu a Watson e Crick deducir a súa estrutura de dobre hélice en 1953. Porén, a contribución de Rosalind pasou case desapercibida, xa que Wilkins, colega seu, enviou a imaxe a Watson e Crick sen o permiso da investigadora, e só en 1962, cando o tres científicos recibiron o Premio Nobel, Wilkins fixo referencia ao traballo de Rosalind. Por certo, esta xa morrera en 1958 dun cancro de ovarios, debido, quizais, á radiación á que estivera sometida durante os seus estudos.
Fotografía 51 de Rosalind Franklin
Ningún comentario:
Publicar un comentario